Skip to Content

REBORRADIO 

 

2023-2024

BIOGRAFÍA DE LUÍSA VILLALTA: LETRAS GALEGAS 2024

Enmarcada nas actividades programadas para conmemorar o Día das Letras Galegas deste curso, as alumnas e alumnos de sexto de primaria ilustraron a biografía da autora homenaxeada, Luísa Villalta.

Premede a imaxe para ver o vídeo.

 
 

NOVIDADES NA TEPOTECA

 
 
 
 

TEPOMISIÓN: A FLORA DO MONTE ALOIA

Ola, familias!

Enmarcado no proxecto de centro, Tepomisión: protexamos os nosos montes, mostrámosvos a boa labor de investigación realizada polo alumnado de quinto de primaria sobre a flora do monte Aloia.

Parabéns rapazas e rapaces!

 
 

OBRADOIRO NA TEPOTECA: PROTEXEMOS OS NOSOS MONTES

 Na Tepoteca, recibimos a Donde viven los cuentos para realizar con nós uns fantásticos obradoiros sobre mulleres que destacaron en diferentes campos do coñecemento.

Os peques do cole gozaron coñecendo á escultora Soledad Penalta e á pintora Maruja Mallo. Fixemos as nosas propias obras de arte, e Tepo e Tepa estiveron moi atentos tamén.

O alumnado do segundo e terceiro ciclo realizaron tamén un obradoiro de ciencia e coñeceron mulleres destacadas nos ámbitos de bioloxía, ocenaografía e astronomía. 

 
 
 

ANDAINA MUÍÑOS DO RÍO TRIPES

Grazas a Voz Natura e á colaboración da Asociación Muíños do Tripes e Discamino puidemos gozar dunha preciosa ruta pola contorna do Monte Aloia.

Aproveitamos para ir recollendo o lixo que atopabamos no camiño e así colaborar a manter limpo o noso monte.

Observamos animais que habitan neste parque natural como pequenos morcegos que durmían dentro dos muíños, zapateiros que nos indican a limpeza das augas que pola senda transcorren e ata unha serpe bebé!!!

 

Podedes ver no seguinte video o ben que o pasamos!!!  

 
Para esta saída contamos cunha colaboración moi especial "Discamino", asociación composta por voluntarios que de xeito totalmente altruísta, axudan a todo aquel que non é quen de facer o camiño por sí só. Eles montaron o seguinte video o cal compartimos.
GRAZAS POLA VOSA LABOR!!!
 
 
Tepo e Tepa, coma sempre, móstrannos todo o que podemos aprender nos libros, aquí temos dous exemplares dun dos nosos guías na ruta,  Alberto Romero.
 
 
 
GRAZAS ASOCIACIÓN MUÍÑOS DO TRIPES
 
 

XV EDICIÓN DO TUI LE

Un curso máis participamos no TUI LE!

Colaboramos na XV edición do TUI LE xunto a Biblioteca municipal de Tui e as bibliotecas escolares da nosa contorna. Cada centro participante aportou un panel realizado polo alumnado sobre a homenaxeada no Día das Letras Galegas, Luísa Villalta.
 
Os máis pequenos do cole gozaron co espectáculo de "Cores, contos e rock coa Ramona pequena" de Pakolas e Laura Romero.
 
O alumnado de 5º de primaria desfrutou coas actuacións dalgúns dos centros participantes.
E todos e todas puideron realizar o intercambio voluntario de libros.
 
 
 
 

OBRADOIRO ESCULTURA DE ROLOS

Neste obradoiro montamos entre todos unha escultura abstracta con rolos de papel, encántanos o efecto acadado, parece que vai desfacerse... pero non!

DÍA DA ÁRBORE

Hoxe é o día da árbore, un día moi importante para o noso centro xa que a nosa Tepomisión é precisamente "o coidado dos nosos montes".

Levamos semanas traballando a figura de Wangari, unha mulller referente para nós, xa que grazas a ela, o seu pobo natal, en Kenia, volve a ter árbores onde antes soamente había deforestación.

No cole fixemos a nosa pequena aportación cultivando sementes.

1º E 2º PRESENTAN... O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA.

Dende a Tepoteca temos o pracer de presentarlles o estupendo traballo dos nenos e nenas de primeiro e segundo para conmemorar a data do 11F, Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia.

Dádelle ao playnon volo podedes perder!

 

 
 
 
 

OBRADOIRO CÍRCULO DE NEWTON

Hoxe coñecimos un aparello moi interesante: "O círculo de Newton". Consiste nun círculo que pintamos coas cores do arco da vella. Ao xiralo e coller velocidade, o noso ollo percibe a combinación desas cores formando a cor branca. Comprobamos así como a luz branca está formada por ditas cores. É o proceso inverso ao que supón a descomposición da luz no arco da vella. Interesante, non si?

Distribuir contido


by Dr. Radut