try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

2009-2010

CONTACONTOS: "Garbancito"

     O venres 11 de xuño María Angélica, a nai de Alexandre de 3 anos, veu a presentarnos un novo conto, apoiándose nas novas tecnoloxías.

     Trátase do conto titulado "Garbancito", editado por EL PAÍS. 

 

Sorry, flash is not available.

1º PREMIO SERGAS " DOAZÓN E TRANSPLANTES "

 

               A Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia do SERGAS na súa II Convocatoria de debuxos e  lema  sobre " Doazón e transplantes ", otorgou o primeiro da categoría de primaria,  á alumna de 5º:   Andrea Alén Adelino.

A través deste concurso, tentamos achegar ao alumnado do colexio de Rebordáns á realidade das doazóns e transplantes, para que sexan capaces de valorar os beneficios para a cidadanía o fomento da doazón de órganos.

 

  Andrea Alén Adelino, co seu debuxo premiado. 

 

 

 

 

  

Alumnado premiado, profesorado e representantes das Consellerías de Educación e Sanidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONTACONTOS: "El Ratoncito Pérez"

     O venres 28 de maio, Ana Rosa, a nai de Martín de 3 anos, veu ao cole a narrarnos un conto dun personaxe moi coñecido para todos, titulado "El Ratoncito Pérez", de Ana Serna-Vara da editorial Susaeta. Tamén nos leu unha carta que lle enviou o protagonista do conto.

 

Sorry, flash is not available.

Xornadas Axenda 21 escolar " O alumnado é o protagonista"

 

                                                                                                      

O día 14 de maio asistimos a unhas Xornadas do programa ambiental Axenda 21 escolar de Galicia no CEIP de Pontecaldelas. O encontro fixo posible o intercambio de experiencias entre o alumando dos diferentes colexios galegos. O acto comezou co indio nativo de Canadá, Pablo Rusell. Despois participamos en diversos talleres, presentáronse e expuxéronse os proxectos elaborados por cada centro.

O colexio de Rebordáns informou da campaña de reducción de bolsas plásticas que promoveu xunto co Concello de Tui e dirixiu un taller de reciclado de bolsas de plástico co que tentamos fomentar nos participantes a reutilización das bolsas a través da realización de outros obxectos.                        

 

      indio                        

       Pablo Ruselll fillo nativo da nación de Pés Negros                                 Pablo Rusell con alumnos do centro       

                             

           O alumnado dirixe o obradoiro                                                                  Aprendemos por  talleres

     " facemos cousas coas bolsas plásticas"

                              

     Grupo de Rebordáns ensinando ao alumnado                                  Alumnado de 5º e 6º participantes en Axenda 21

 

Distribuir contido