Skip to Content

REBORRADIO 

 

CP Inclue

CONTINUAMOS NAS ONDAS!

Unha semana máis, chega o programa máis agardado...

REBORRADIO!

Desta vez, o alumnado de 5º de primaria foi o encargado de dirixir o programa, comentando novas do centro e facendo algunha recomendación interesante.

Naihara, Ela, Lucas, Basi, Alba, Iria e Noa foron os encargados de presentar e amenizar este segundo programa.

Non volo perdades!

Podedes escoitar a emisión dende aquí.

 

NOVO CURSO, NOVA REBORRADIO!

Xa chegou! Xa está aquí! O programa máis agardado...

VOLTOU REBORRADIO!

Un curso máis, continuamos con esta andaina nas ondas e, como de costume, os encargados de pór en marcha estas emisións de radio foi o alumnado de 6º de primaria.

Aday, Yoel, Cloe e Maia encargáronse de presentar e amenizar este primeiro programa.

Non volo perdades!

Podedes escoitar a emisión dende aquí.

DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

Esta semana tivemos unha visita moi especial, a de Antía, Óscar, Laura e Nacho. Quedamos alucinados con todo o que poden facer a pesar de estar en cadeira de rodas e, no caso de Óscar, non poder falar, aínda que sí pode comunicarse grazas aos medios tecnolóxicos.

 

 

Unha gran lección de superación a que mostraron.

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!!!

 

Ademais da visita, levamos varias semanas traballando esta data tan significativa para nós.

Aquí tedes algúns dos resultados:

O alumnado de 3º e 4º de primaria estiveron compoñendo este cartel formado por moitas volvoretas, todas diferentes, pero todas elas voando.

DIFERENTES NO VOO, PERO CO MESMO DEREITO A VOAR

 

Tamén na área de Educación Física se traballou o respecto á diferenza e o traballo en equipo.

NO DEPORTE ENCAIXAMOS TODOS

 

 

E como todo o que se traballa no centro, o eixe central sempre é a nosa biblioteca, polo que tamén houbo unha exposición con contos para ler e traballar sobre a diversidade funcional.

 "A DIFERENZA ENRIQUECE E O RESPECTO UNE"

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Neste pasado mes de novembro conmemoramos o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

A nosa Tepoteca tamén quixo unirse coa realización do obradoiro "SOS, a Terra".

A continuación, clicade na imaxe para ver o vídeo.

25 N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Dende o CEIP de Rebordáns queremos construír un mundo libre de discriminación, desigualdade e actos de violencia de xénero.

Aquí tedes algunhas das actividades que realizamos para visibilizar a importancia da loita contra a violencia de xénero.

NON MÁIS VIOLENCIA POR SER MULLER.

25 N

MES DE XADREZ

MES DE XADREZ!

Recibimos un ano máis, cos brazos abertos, a Brais, o profe de xadrez. Véu mostrarnos este xogo tan completo, e practicamos moito, moito... xa lle imos collendo o truco...

Grazas, Brais!

                                                                    

DÍA DAS ESCRITORAS

O día 16 de outubro festexamos o día das mulleres escritoras.

O alumnado de 6º de primaria móstranos o seu traballo nesta exposición. 

Desexan que sexa do agrado de Tepo e Tepa.

Seguro que coñecedes a algunha destas fantásticas escritoras!

  

       

 

FORMACIÓN PARA FAMILIAS: LECTURA NO FOGAR

Ola, familias!

Iniciamos o curso coa oportunidade de que poidades acudir a unha formación sobre a importancia do hábito lector no fogar. Realizarase o martes 7 de novembro ás 16.00h.

Esta charla será impartida por Carla Muñoz López, bibliotecónoma, especialista en literatura infantil e formadora de Donde viven los cuentos.

Apuntádevos no whatsapp 698120381.

Haberá servizo de acollida a cativos/as para as familias asistentes á formación.


Distribuir contido


by Dr. Radut