Grazas a Voz Natura e á colaboración da Asociación Muíños do Tripes e Discamino puidemos gozar dunha preciosa ruta pola contorna do Monte Aloia.
Aproveitamos para ir recollendo o lixo que atopabamos no camiño e así colaborar a manter limpo o noso monte.
Observamos animais que habitan neste parque natural como pequenos morcegos que durmían dentro dos muíños, zapateiros que nos indican a limpeza das augas que pola senda transcorren e ata unha serpe bebé!!!
Podedes ver no seguinte video o ben que o pasamos!!!
Para esta saída contamos cunha colaboración moi especial "Discamino", asociación composta por voluntarios que de xeito totalmente altruísta, axudan a todo aquel que non é quen de facer o camiño por sí só. Eles montaron o seguinte video o cal compartimos.
GRAZAS POLA VOSA LABOR!!!
Tepo e Tepa, coma sempre, móstrannos todo o que podemos aprender nos libros, aquí temos dous exemplares dun dos nosos guías na ruta, Alberto Romero.
Colaboramos naXV edición do TUI LE xunto a Biblioteca municipal de Tui e as bibliotecas escolares da nosa contorna. Cada centro participante aportou un panel realizado polo alumnado sobre a homenaxeada no Día das Letras Galegas, Luísa Villalta.
Os máis pequenos do cole gozaron co espectáculo de "Cores, contos e rock coa Ramona pequena" de Pakolas eLaura Romero.
O alumnado de 5º de primaria desfrutou coas actuacións dalgúns dos centros participantes.
E todos e todas puideron realizar o intercambio voluntario de libros.
Como cada ano, conmemoramos o día 8 de marzo oDía Internacional da Muller, neses días realizamosdistintas actividades co noso alumnado:
- Os/as máis pequenos/as elaboraron unhas fantásticas coroas co número 8 relacionado co día no que se festexa.
- A través do conto Daniela Pirata traballouse ao longo da semana a importancia da igualdade e levaron un recordo unha pulseira.
- O alumnado poido participar nun Obradoiro de igualdade sobre mulleres artistas coñecendo a escultoraSoledad Penaltae a pintoraMaruxa Mallo. A rapazadapoido deixar solta a súa creatividade facendo a súa propia escultura con arxila branca e o seu debuxo libremente. Dito obradoiro foi impartido por "Donde Viven los Cuentos".
- Os máis maiores, xogaron ao xogo de cartas "We Can Play" de Julivert.
- Tamén tivemos tempo de facer algunha manualidade relacionada con este día.
Para traballar sobre este tema e reflexionar sobre a situación de moitas mulleres no mundo, traballouse a figura dunha muller Wangari Maathai que foi moi importante para o seu pobo natal, en Kenia pero tamén unha referente para o mundo. A continuación, poderedes desfrutar da actuación e de todo o traballo realizado por 3º e 4º de Primaria.
Hoxe é o día da árbore, un día moi importante para o noso centro xa que a nosa Tepomisión é precisamente "o coidado dos nosos montes".
Levamos semanas traballando a figura de Wangari, unha mulller referente para nós, xa que grazas a ela, o seu pobo natal, en Kenia, volve a ter árbores onde antes soamente había deforestación.
No cole fixemos a nosa pequena aportación cultivando sementes.
Dende a Tepoteca temos o pracer de presentarlles o estupendo traballo dos nenos e nenas de primeiro e segundo para conmemorar a data do 11F, Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia.
Hoxe xogamos cos nosos nomes. Nomes de nenos, nomes de nenas... todos chulísimos! E por qué? Porque son parte de nós e nos identifican. Son moi diferentes, pero son todos tan importantes... que decidimos facer un obradoiro con letras chulas e enmarcar o noso nome. Encantounos facer esta homenaxe!!
Xa que temos colocadas as casiñas para os paxariños, o alumnado de 5º de Primaria animouse a crear uns HAIKUS, poesías de orixe xaponés, que nesta ocasión, teñen temática relacionada coas aves.