try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

Modelos de informes alumnado

Instrución 9/2017 para alumnado de 5º e 6º de EP, sobre a saída e recollida transporte escolar.

Segundo instrución conxunta 9/2017 sa Secretaría Xeral Técnica e da Dirección de Centros e Recursos Humanos, pola que se establecen recomendacións sobre a saída dos alumnos/as escolarizados nos centros educativos públicos da comunidade autónoma galega ao remate do horario lectivo e sobre a recollida deles nas paradas establecidas no transporte escolar.

 RECOMENDACIÓNS APLICABLES A ALUMNADO DE 5º E 6º EDUCACIÓN PRIMARIA RECOLLIDA AO REMATAR AS CLASES OU EXCURSIÓNS

-Os escolares poderán saír no horario previsto, sós do colexio, sempre que os seus pais, nais ou titores legais, presenten ante a Dirección do centro unha autorización expresa ao respecto, eximindo a Consellería de calquera responsabilidade, por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares.

RECOLLIDA NAS PARADAS DE TRANSPORTE ESCOLAR

-Os escolares poderán baixar sós nas paradas de transporte escolar sempre que as persoas responsables presenten no centro unha autorización expresa ao respecto, que eximirá á Consellería de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares.

As autorizacións debidamente cubertas deberán ser entregadas aos titores antes do 19 de setembro.  A Dirección

Instrución 9/2017 para alumnado de EI, 1º, 2º, 3º e 4º de EP, sobre a saída e recollida transporte escolar.

                                                                                                                Rebordáns, 13 de setembro de 2017

Segundo instrución conxunta 9/2017 sa Secretaría Xeral Técnica e da Dirección de Centros e Recursos Humanos, pola que se establecen recomendacións sobre a saída dos alumnos/as escolarizados nos centros educativos públicos da comunidade autónoma galega ao remate do horario lectivo e sobre a recollida deles nas paradas establecidas no transporte escolar.

RECOMENDACIÓNS APLICABLES A ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL, 1º, 2º, 3º e 4º EDUCACIÓN PRIMARIA. RECOLLIDA AO REMATAR AS CLASES OU EXCURSIÓNS

-O alumnado será recollido nas instalacións do centro educativo polas persoas identificadas como responsables no horario fixado.

-Poderase autorizar formal e expresamente a outra persoa adulta ou a un irmán/á que curse 5º, 6º Educación Primaria a recoller aos pequenos, cubrindo unha ficha cos datos persoais da persoa autorizada e entregando no centro de ensino.

-No suposto de pais e nais separados ou divorciados, seguirase as determinacións previstas na sentenza xudicial, convenio regulador ou acordo provisional que terán que presentar no colexio.

-O alumnado permanecerá custodiado no centro o tempo que en cada caso se considere prudencial, a partir do horario de recollida fixado. Os responsables da recollida dos nenos/as terán obriga de comunicar ao centro calquera demora que poidan sufrir, de non contactar con eles nun período inferior a 30 minutos, remitirase á Policía Local ou Garda Civil.

-En todo caso, os escolares non poderán ausentarse do centro antes da hora prevista para as distintas saídas, agás que os seus responsables así o comuniquen de xeito motivado no centro, e recollan o alumnado eles mesmos ou persoas autorizadas. RECOLLIDA NAS PARADAS DE TRANSPORTE ESCOLAR -O alumnado transportado deberá ser recollido nas paradas polas persoas responsables, os cales comunicarán ao centro educativo os seus teléfonos de contacto.

-Poderase autorizar a outros adultos ou irmáns maiores entregando nos centros as correspondentes autorizacións expresas para o efecto. -Os autobuses esperarán nas paradas como máximo 5 minutos, tras do cal continuarán co seu itinerario levando consigo aos escolares non recollidos.

-No supostos de escolares non recollidos nas paradas, os acompañantes chamarán aos teléfonos facilitados polas familias para que acudan as seguintes paradas de ruta ou nas dependencias das empresas.

As autorizacións debidamente cubertas deberán ser entregadas aos titores antes do 19 de setembro.  A Dirección

NSTRUCIÓN CONXUNTA 9/2017 DA SECRETARíA XERAL TÉCNICA E DA DIRECCiÓN DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE ESTABLECEN RECOMENDACIÓNS SOBRE A SAíDA DOS ALUMNOS ESCOLARIZADOS NOS CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS DA COMUNIDADE

NSTRUCIÓN CONXUNTA 9/2017 DA SECRETARíA XERAL TÉCNICA E DA DIRECCiÓN DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE ESTABLECEN RECOMENDACIÓNS SOBRE A SAíDA DOS ALUMNOS ESCOLARIZADOS NOS CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA AO REMATE DO HORARIO LECTIVO E SOBRE A RECOLLlDA DELES NAS PARADAS ESTABLECIDAS NO  TRANSPORTE ESCOLAR

Distribuir contido