Do día 27 ao 31 de outubro celebramos a Semana do Samaín, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística e de Radio, realizando as seguintes actividades:
- Audición da "Danza Macabra" de Saint Saëns nas entradas e saídas.
- Exposición de libros terroríficos baixo o título: "Bruxas,monstros,pantasmas...na Biblioteca".
- Ornamentación e exposición de cabazas realizadas en colaboración coas familias.
- Elaboración de relatos de medo.
- Creación de personaxes monstrosos coa súa descrición.
- Proxección dos curtos de Disney titulados: "Danza macabra", "La casa encantada" e "El club de los villanos".
- Dramatización do conto "A bruxa enrabechada".
- Por último, entrega dos premios ás cabazas máis votadas polo alumnado así como diplomas a todos os participantes.
Se queredes mergullarvos neste mundo de conxuros, feitizos, magos, vampiros, monstros e demais personaxes terroríficos, no apartado de "Recomendámosche" tedes unha relación de libros clasificados por ciclos, que vos fará disfrutar de medo.
Nenos e nenas de 4º e 6º dramatizando "A BRUXA ENRABECHADA"

Alumnado e profesorado na proxección dos curtos de "DISNEY"
Personaxes terroríficos e a súa descrición.
Mostra de cabazas realizadas polas familias de Infantil e 1º Ciclo.
Entrada da nosa biblioteca.
Cartel realizado polo alumnado de 4º de Primaria.