Skip to Content

REBORRADIO 

 

2021-2022

XA TEMOS MÁIS... NOVA ENTREGA DE BOOKTUBERS!

Xa temos novos booktubers!

Parabéns a Noa Fernández de 5º de Infantil e a súa nai; e tamén a Lucas Fernández de 3º polas súas estupendas recomendacións, para velas preme na imaxe.

                                      

 

Felicitamos tamén a Marta González de 6º e ao seu irmán Lucas González de 3º polo seu súper orixinal vídeo de recomendación da colección Los Compas. Para velas preme na imaxe.

Parabéns, rapazada!

Esperamos moitas máis recomendacións!

ESTRENAMOS A SECCIÓN: BOOKTUBERS.

Que emoción! Xa temos a nosa primeira recomendación literaria.

Moitas grazas a Xián de 5º de primaria pola súa estupenda achega. Apuntada queda.

Parabéns!

 Preme na imaxe para ver o vídeo.

O MESTRE DE XADREZ NA REBORRADIO

Preme na imaxe para escoitar o programa.

OBRADOIRO DE XADREZ

Esta semana empezamos os obradoiros de xadrez. Brais Otero Nogueira, profesor xadrecista do club de Mos, será o encargado de iniciarnos. Estará connosco os luns, mércores e venres.

Esta semana empezamos cunhas nocións básicas e cos movementos dos peóns e o rei.

Esperamos con impaciencia a seguinte clase!

 

 

 

 

MISIÓN ESCULTUIRÍZATE

O xoves aparareceron nas aulas do noso cole unhas mensaxes enviadas por Tepo e Tepa. Tiñan unha proposta para nós; debiamos resolver as pistas e atopar o material onde realizar unha nube de palabras sobre o tema do noso proxecto de centro. Puxémonos en marcha e todas as clases atoparon unha escultura; alí realizariamos a misión.

A continuación tedes unha mostra en imaxes do ben que o pasamos.

    

 

 

Programa LECTURA E FAMILIAS

Temos o pracer de informarvos que o noso cole foi seleccionado para participar no programa de Lectura e Familias.

En breve, xuntos poñeremos en marcha novas iniciativas que impulsarán a creación de lectores competentes.

 

REBORRADIO ENTREVISTA ESPECIAL

 Os nenos e nenas de primeiro tíñannos preparada unha súper sorpresa na emisión do seu programa de radio.Ían a entrevistar a Papá Noel!

Non podían estar máis emocionados. Escoitade con atención.

 

FELICES LECTURAS NESTE NADAL

Aquí tedes as suxerencias lectoras para esta época de Nadal.

           

              

 

RECUNCHO FEDELLO

O recuncho fedello xa está en marcha na biblio os xoves e venres no tempo de lecer.

Os alumnos e as alumnas acoden entusiasmados a realizar as súas creacións.

A continuación presentámosvos unha mostra.

 

            

           

CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Aproveitando que estamos no mes da ciencia en galego, recibimos na biblioteca unha visita moi máxica, o Mago Paco.

Os rapaces e rapazas de terceiro e cuarto gozaron co espectáculo Ciencia vs Maxia, e os de quinto e sexto, con MateMaxia.

 Quedaron abraiados!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut