Skip to Content

Iniciar sesión

MÚSICA

Programa de radio 15-12-2017

Programa de radio do día 15 de decembro de 2017

UN GALOP ACUARELADO.

    Como vedes, xa temos listos os salvamanteis da clase de 4º E.P.!!

    Empregamos pinturas acuarelables, que non son outra cousa que lapis de madeira cuxa pintura é acuarela. Coloreamos e logo pasámoslle un pincel con auga, todo un invento!

    A música é un GALOP, que é música rápida, dinámica, que imita o galope dos cabalos.

    Este en concreto é o GALOP final da Obertura da ópera "Guillermo Tell" do compositor G. ROSSINI. É doado imaxinar aos cabalos a todo correr co ritmo desta música!

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

 

DÍA DA PAZ 2018.

    Co gallo do Día da Paz, fixemos unhas pombiñas con pratos de plástico. Ao rematar o acto colgámolas no enreixado do patio para que disfrutaran das fermosas vistas que ten o noso cole.

 

      Os maiores decoraron círculos de cartolina con deseños moi creativos utilizando símbolos e mensaxes de Paz.

 

     

 

 

FLORES E BOA MÚSICA.

    Non se pode comezar de mellor forma que observando estes preciosos cadros cos que me agasallaron esta semana. E aínda é mellor se escoitamos unha fermosa música: refírome ao "Valse das flores" de P. I. Tchaikovsky, un gran compositor...

   

  

COMEZAMOS A AVENTURA!

Benvidos/as ao blog de Ed, Artística do C.E.I.P. de Rebordáns, Tui.

Con toda a ilusión do mundo mostraremos  actividades realizadas en Música e en Plástica, nas que a percepción e a produción artística serán as protagonistas.

Espero que disfrutedes tanto coma nós ao realizalas!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut