Skip to Content

REBORRADIO 

 

Recomendámosche

RECOMENDACIÓNS LECTORAS. ALUMNADO 6º ED. INFANTIL.DÍA DO LIBRO.

As nenas e os nenos de 6º de Ed. Infantil recomendan polo Día do Libro os seus libros favoritos para pasar un bo rato! Grazas!

NON HAI ESCAPATORIA.

DE 8 A 12 ANOS.
     Baixo este título reúnense dez historias marabillosas que che permitirán viaxar a fragas espesas, profundos vales, cumes altísimos... para vivir aventuras trepidantes con personaxes inauditos.

     TIM BOWLEY.

GATIÑO E O BALÓN.

DE 3 A 8 ANOS.

     QUE FARÍAS SE ATOPARAS UN BALÓN Á PORTA DA CASA?

     Neste libro poderás descubrir como Gatiño e os seus amigos Parrula, Esquío, Coello e Ourizo resolven a situación.

     JOEL FRANZ ROSELL.

A SOMBRA DESCALZA.

ADULTOS.

     Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2005. Este libro narra a historia de Elsa, unha moza adolescente que vai ir descubrindo as íntimas traxedias das mulleres da súa familia que teñen a súa orixe na Guerra Civil española.

     AN ALFAYA.

"EL SECRETO DE LA MOMIA", MARY POPE OSBORNE.

GUSTARÍACHE ENTRAR CON JACK E ANNIE NUNHA PIRÁMIDE DO ANTIGO EXIPTO E COÑECER A MOMIA DA RAÍÑA HUTEPI?

SERÍAS QUEN DE AXUDALOS A ATOPAR O “LIBRO DOS MORTOS”?

TODO ISTO E MÁIS AGÁRDANTE EN EL SECRETO DE LA MOMIA”.

DE 8 A 12 ANOS.

"O ESQULETO", ENRIC LLUCH & MERCÈ LÓPEZ.

ESTAMOS NO TEMPO DO SAMAÍN, ONDE AS BRUXAS, PANTASMAS, MOMIAS, ESQUELETOS E DEMAIS SERES MEDORENTOS SAEN DOS SEUS BAUIS PARA FACERNOS COMPAÑA.

SE QUERES PASAR UN POUQUICHIÑO DE MEDO, ATRÉVETE CON ESTE LIBRO.

DE 6 A 8 ANOS.

NON HAI NOITE TAN LONGA

     ADULTOS

     Gabriel Lamas marchou de Monteverde aos 17 anos e só volve agora, cumpridos os 50, para asistir ao enterro da súa nai. Nin sequera regresou cando faleceu o pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado.

     O encontro coa ánima do seu pai na casa familiar, cambiaralle a vida para sempre.

 AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. XERAIS

¿POR QUÉ MUCHOS SIMPÁTICOS ANIMALITOS SE COMPORTAN ASÍ?

     DE 3 A 8 ANOS

     Por que brillan os lucecús?

     Por que o peixe globo incha?

     Por que os hipopótamos bostezan ou por que as formigas marchan en ringleira?

     Neste libro poderás averigualo.

     Patcharee Meesukhon.

OCÉANOS






     DE 8 A 12 ANOS.


     Con este libro descubrirás os segredos dos mares e poderás emprender unha viaxe en 3D. Unha guía que che ofrece incribles escenas despregables do fondo mariño.


     Jen Green. MacMillan. 

Distribuir contido


by Dr. Radut