Animación á lectura

NEIRA VILAS NO DÍA DA BIBLIOTECA

     Onte 24 de outubro, celebrouse o Día da Biblioteca. Para conmemoralo os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º asistiron á proxección do conto "A pota que trota", pertencente á colección "Contos do Camiño" de OQO. Tamén realizaron marcapáxinas con forma de árbore para utilizar na "Hora de ler".

 

 

     O alumnado do 2º e 3º ciclos asistiron á Área Panorámica de Tui para ter xunto con outros coles da zona, un encontro organizado pola Biblioteca Municipal co escritor Xosé Neira Vilas, autor do libro "Memorias dun neno labrego" que cumpre 50 anos.

     Andrea, Nuria e Xurxo, en representación do noso colexio subiron ao escenario para ler unha carta elaborada entre toda a clase e entregarlle como agasallo un libro cos traballos feitos entre todos. Neira Vilas coa súa amabilidade de sempre, asinounos un exemplar da súa obra "Memorias dun neno labrego" que poderedes ver na biblioteca.

 

     Para rematar esta celebración, fíxose entrega dun boletín informativo para as familias coas novidades da sección de adultos, que podedes consultar no apartado "O recuncho de Tepo" da nosa web. 

Sorry, flash is not available.

DE NOVO CON VÓS

 Saudiños leóns e leoas!!!


      Un curso máis, aquí me tedes na biblioteca do cole disposto a compartir con vós momentos máxicos que só se atopan nas follas dos libros.


     Á vosa disposición están os diferentes recunchos da biblioteca nos que podedes buscar información, utilizar os ordenadores, compartir xogos de mesa, visionar documentais, escoitar contos e música e, por suposto, perdervos no marabilloso mundo dos libros.


      Nestes días xa comezaron coa súa labor os meus axudantes que aquí tedes dispostos a botarvos unha man.


  


       Tamén levei a cada clase a miña maleta ateigada de libros para formar as bibliotecas de aula, esperando que atopedes nela unha chea de momentos de lecer.


   


        Ademais xa comezaron a súa andaina polos fogares as mochilas viaxeiras, achegando un anaquiño da biblioteca ás vosas familias.


        Por último, anímovos a participar na 4ª edición do meu concursiño "Tepo quere saber..." que se emite todos os luns ás 9:20h pola radio do cole. Ao final de curso haberá agasallos para os gañadores e gañadoras.


        Moita sorte!!!                  


                 

Distribuir contido