Skip to Content

REBORRADIO 

 

Animación á lectura

XII TUI LE

O pasado venres, 14 de maio, uníronse unha vez máis os centros educativos de Tui e a Biblioteca Municipal para celebrar unha cita moi importante da nosa vila coa lectura: o TUI LE. Neste ano, ao igual que no 2020, debido ás restricións debidas ao COVID, realizouse unha proposta non presencial.

O alumnado das EEI, CEIP e IES recitaron e ilustraron poemas de Antonio García Teijeiro, recoñecido poeta galego, o cal tamén adicou fermosas palabras aos/ás estudantes.

Achegamos aquí dito video e tamén o traballo realizado polo CEIP de Rebordáns, xunto co CRA Mestra Clara Torres e o CEIP de Pazos de Reis. Pode visualizarse o traballo completo de todos os centros no facebook do Concello de Tui.

 

 

Lecturas para a PAZ

O día escolar da non-violencia e a Paz celébrase o día 30 de xaneiro coincidindo co aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

Dende a biblioteca fíxose unha selección de lecturas sobre esta temática para traballar nas bibliotecas de aula.

 

Recomendacións Nadal

.

Lecturas ás escuras.

Dende hai anos , celebramos o Samaín no noso cole.

Esta festa de orixe celta,  celebra a chegada dunha nova

estación e o inicio do ano novo celta.

Ao longo de toda a semana o alumnado realizou unha lectura

" ás escuras" de contos terroríficos.


                   Alumnado lendo "ás escuras" contos terroríficos.

 

Elixe un título e ... mergúllate na lectura

Con este enlace podedes viaxar, rir, chorar... con historias que teñen un poder máxico. Elixe un libro (clica nel) e mergúllate na lectura sen necesidade de estar fisicamente na biblioteca.

Letras Galegas 2020

Este ano a Real Academia Galega decidiu dedicar este día, tan sinalado para todos os galegos e galegas , á figura de Ricardo Carvalho Calero.

 

Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol en 1910 e faleceu en 1990 en Santiago de Compostela. Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.

Como este ano non podemos celebrar no colexio a "Semana das Letras",  os propoñemos, xunto co Equipo de Dinamización, estes enlaces onde podedes realizar múltiples actividades para coñecer mellor a figura de Ricardo Carvalho Calero.

 

   


 

E para rematar este divertido xogo , para poder entrar na casa terás que atopar a chave.

 

 

Recursos con moita LIX para quedar na casa

Coa intención de apoiar ás familias neste momento no que os nenos e nenas están nas casas sen poder saír GALIX ( Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) ofrécenos, nesta entrada, unha relación do material que se está a xerar solidariamente na rede arredor da LIX.

 

 

 

 

23 de Abril, Día Do Libro

Este ano celebramos o Día do Libro dunha forma especial, ainda que estemos na casa os libros nos acompañan con historias que teñen un poder máxico: nos fan rir, chorar, viaxar...Podemos usar o poder da lectura para combatir o illamento.

O escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago creou un texto centrándose nas potencialidades do libro e da lectura

 "Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

 

 

Aproveitade estes días para ler o voso libro preferido !

Lecturas para quedar na casa

 

Lectores, como pasades estes días nos que hai que estar na

casa?

Para viaxar e vivir aventuras neste tempo ,deixamos estes

enlaces que autores  e editoriais abriron á comunidade

educativa :

 

       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nos vos esquezades de ter un momento para a lectura,sós ou

coas persoas que están na casa. Buscade un sitio agradable,

ben iluminado e...

                               Disfrutade coa lectura !

 

            Axiña nos volvemos a ver no cole e na biblioteca.

                     

                                          Todo vai saír ben !

 

      

 

Día do Libro Infantil e Xuvenil, 2 de abril

O  2 de abril celébrase o Día do Libro infantil e xuvenil, data en honor a Hans Christian Andersen (que naceu nesta mesma data no ano 1805), creador de contos para nenos e nenas como "O patiño feo", "A sirenita" ou "O soldadiño de chumbo".

Entras na nosa biblioteca e atopas tantos libros que che invitan a viaxar! No día de hoxe, a pesar de que non teñamos  colexio, e teñamos que quedar na casa , podes coller o teu libro favorito e facer un debuxo, tamén podedes facer unha foto. Cando voltemos ao cole, seguro que Tepo recibirá todos os vosos debuxos e faremos un libro .

 

 

Tepo vos manda ánimo¡

 

Distribuir contido


by Dr. Radut