try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

charlas

O ilustrador Victor Rivas nos visita.

O debuxante Victor Rivas,ilustrador dos libros de Ledicia Costas: "Esmeraldina, la pequeña fantasma"  e "Escarlatina, la cocinera difunta", explicou ao alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Primaria o proceso que segue ata chegar ao resultado final na elaboración dos seus debuxos.

A continuación respondeu ás preguntas plantexadas polo alumnado,  e por último adicou un tempo á firma de exemplares, nos que deixou estampada a súa pegada facendo o que mellor sabe , segundo as súas propias palabras,debuxar.

 

 

                                  Victor Rivas en varios momentos da charla.

Charla sobre " Prevención de Incendios"

O pasado xoves, 15 de xaneiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º asistiu a unha charla co obxectivo de previr os incendios forestais, e concienciar aos máis novos sobre o grave dano que o lume causa nos ecosistemas.

Dous axentes forestais  informaron  ao alumnado sobre o labor que desenvolven na prevención de incendios , e aclararon calquera dúbida ou curiosidade sobre o traballo de protección medioambiental  que realizan.

                                                                                 Momento da charla.

 

 

Distribuir contido