try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Información

Información xeral do comedor escolar

Funcións do servizo de comedor escolar

O servizo de comedor escolar é un servizo complementario de carácter educativo e social de apoio aos centros docentes, desenvolvendo hábitos e actitudes saudables no alumnado en relación coa nutrición, o que garantiza unha dieta sa e equilibrada; ademais de contribuir a favorecer a saúde no proceso de crecemento dos escolares, así como a fomentar o compañerismo e as actitudes de respecto e tolerancia; pero ademais pretende dar resposta ás necesidades de moitas familias que, por motivos laborais e persoais, solicitan o servizo de comedor no período interlectivo do mediodía. Estes motivos e a demanda das familias, fan que a ANPA, segundo o Artigo 4 da Orde de 21 de febreiro de 2007, solicite a apertura e funcionamento do comedor escolar.

A modalidade de xestión será indirecta e se axusta ao disposto no artigo 2.3º) do Decreto 10/2007,de 25 de xaneiro, no que se esixe o compromiso da ANPA de asumir a xestión e o financiamento,así como do Consello Escolar de asumir a supervisión do seu funcionamento. A empresa adxudicataria do servizo de comida de comida transportada-catering-.ARELAS co R.S 26.10308/PO . Ten a súa sede no Polígono A Pasaxe, 5-Vincios. Pontevedra.

O servizo de comedor Escolar funcionará todos os días lectivos e se rexirá segundo o establecido no calendario escolar desde setembro a xuño.

O horario será 14:15 h. ás 16:15 h. Comprende a comida do mediodía así como os momentos de ocio anteriores e posteriores á comida do alumnado que emprega o comedor escolar; para este alumnado programaranse actividades para cada un dos momentos que abrangue dito período.

Os menús

Os menús proporcionan unha alimentación san e equilibrada baseada no consumo variado de cada un dos grupos de alimentos. Son menús elaborados por profesionais, seguindo as recomendacións da Organización Mundial da Saúde.

• A programación mensual do menú do Comedor Escolar será facilitada pola empresa e proporcionada ao centro e a ANPA para a súa publicación.

• O menú será único para todos os comensais. No obstante haberá as seguintes excepcións:

          • Dietas brandas: Para os alumnos/as con problemas intestinais transitorios, avisando con antelación antes das 8:00 h. aos teléfonos da empresa catering Arelas, 986 40 8151.

            • Alumnos/as alérxicos a alimentos ou que parezan calquera enfermidade ou trastorno somático que precise dunha alimentación específica: Presentando un certificado médico a empresa correspondente.

• No caso de comida sobrante, se distribuirá exclusivamente a familias e persoas en risco de exclusión social, a través do servizo sociais do concello ou de entidades sen ánimo de lucro.

Pagos

• O pago mensual efectuarase mediante domiciliación bancaria.

• Se o alumno/a está enfermo e non vai a asistir nese día ao comedor, deberá comunicalo antes das 8:00 h. da mañán aos teléfonos da empresa catering Arelas, 986 408151 - 669297966

• Se un/unha usuario/a non asiste un día de maneira puntual ó servicio de comedor, os pais llo comunicarán ao teléfono da empresa catering Arelas, antes das 8:00h ou das 17:00 h. do dia anterior.

• Considéranse usuarios/as esporádicos/as aqueles que necesiten usar os Servicios algún día determinado e sen continuidade, tendo que avisar antes das 17:00 h. do día anterior a empresa catering, 986 408151.

• O non pago da cota dos Servicios por parte dos responsables do/a usuario/a, así como o atraso continuado no pago da mesma, poderá ser causa de baixa.

OBXECTIVOS

O Comedor Escolar, ao ter unha función alimentaria e educacional, debe crear nos comensais hábitos hixiénicos e dietéticos. As actividades básicas a desenvolver son aquelas que consigan estes obxectivos.

1. OBXECTIVOS EDUCATIVOS QUE FOMENTEN A COMPETENCIA SOCIAL

• Crear ambientes serenos e tranquilos nos que se poida falar.

• Promover durante a comida a cortesía, a tolerancia, a solidariedade e a educación para a convivencia: normas (RRI e Plan de Convivencia).

• Favorecer actitudes de responsabilidade e autonomía na mesa.

• Promover actividades que desenvolvan hábitos de correcta alimentación e hixiene na infancia e adolescencia.

• Fomentar actitudes de colaboración, solidariedade e convivencia, concienciando á familia nos patróns de conduta adquiridos no comedor do centro escolar.

• Participar das actividades en grupo respectando ás persoas, as normas, os materiais e os espazos.

• Fomentar o espírito de cooperación e equipo.

• Iniciar na práctica de xogos tradicionais e populares.

2.OBXECTIVOS EDUCATIVOS RELATIVOS Á EDUCACIÓN PARA A SAÚDE (HIXIENE E NUTRICIÓN)

• Promover actitudes favorables á nutrición e alimentación sa, equilibrada e o gusto pola comida.

• Fomentar unha educación que desenvolva hábitos alimentarios saudables.

• Analizar os alimentos que comemos, coñecendo a función que exercen no noso organismo.

• Promover a adaptación do alumnado a unha diversidad de menús e gozar con eles.

• Adquirir autonomía durante a comida conxuntamente con hábitos saudables.

• Informar a todas as familias dos menús mensuales, co fin de que poidan completar a dieta dos nenos/as nas comidas que realicen nas súas casas.

• Concienciar ao alumnado de importancia dunha correcta hixiene persoal fundamentais antes, durante e logo das comidas.

• Coñecemento de que a dieta do Comedor Escolar debe ser complementaria da dieta doméstica.

NORMAS DE CONVIVENCIA DO COMEDOR

Hixiene

• Os usuarios/as a partir dos 3 anos deberán saber comer por si mesmos, facer uso dos servicios e lavar as mans.

• Os/As usuarios/as terán que controlar esfínteres, de non ser así, chamarase os pais/nais/titor/titores.

• Todos os alumnos/as pasarán polos servicios para lavar as mans antes de acudir ao comedor.

• Porase especial atención na correcta utilización dos cubertos, así como o uso do pano de mesa.

• Non se poden tirar alimentos ou restos de comida ao chan, nin a outros compañeiros/as.

• Despois de comer, e antes de ir ós lugares asinados para o lecer, todos os/as alumnos/as,terán que pasar polo servicio para realizar a hixiene - bucodental.

Organización e comportamento

• Deberán respectar todo o material e utensilios.

• Deberán permanecer correctamente sentados en todo momento, sen xogar nin balancearse nas cadeiras nin moverse de sitio. Non poderán levantarse.

• É moi importante comer nun ambiente tranquilo e relaxado, polo que nunca se dirixirán, nin os/as monitores/as nin as/os usuarias/os, ós demais gritando, senón falando nun ton adecuado.

Tempo Libre

• Cada grupo permanecerá no lugar asinado baixo a supervisión do/a monitor/a e realizando a actividade programada. Ningún neno/a poderá separarse do grupo sen permiso.

• Non se permite a práctica de xogos perigosos, entendéndose por aquelas actividades que poidan poñer en perigo a integridade física das persoas.

 

OBRIGACIÓNS DOS PAIS/NAIS/TUTORES LEGAIS DOS ALUMNADO

Os pais/nais/titor/es de alumnos/as que se acollan ao Servicio de Comedor:

• Comprométense a abonar nos prazos establecidos as cotas estipuladas. O incumprimento da obrigación de pago determinará, a perdida do dereito ao uso do comedor.

• Os pais/nais deberán notificar aos responsables de ANPA, se os seus fillos/as non van a acudir ao comedor.

• Deberán recoller os/as alumnos/as á saída do comedor na quenda que lles corresponda.

• O incumprimento da obrigación anterior determinará, adoptar as medidas que legalmente resulten procedentes ou estudiar a expulsión do neno/a do comedor.

• Non poderán recoller ao alumnado fora do horario establecido, salvo, de maneira excepcional, previa comunicación por escrito as/os monitoras/es.

• Respectarán os/as monitores/as e o persoal do servicio de comedor.

• Respectarán e aceptarán o presente regulamento.

 

Prezos do servizo de comedor

      Nº dias da semana                                            Cota fixa                               
5 80,50 €/mes
4 64,40 €/mes
3 48,30 €/mes
2 32,20 €/mes
1 16,10 €/mes
Esporádicos   6,00 €/menú

 

Impreso solicitude comedor escolar

 

 

Distribuir contido