2010-2011

A BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS.

    Saudiños leóns e leoas!!!

    Despois destas fantásticas vacacións, a nosa biblioteca xa comezou a funcionar con moita ilusión e chea de novos proxectos e actividades.

 

 


 

 

 

 

 

 

 

    

     Hai uns días chegou a todas as clases a miña maleta cunha morea de libros para formar as bibliotecas de aula e poder así descubrir o que se agocha neles durante a "Hora de ler".

 

 

 

 

 

 

  

    

     Tamén as mochilas viaxeiras comezaron a súa singladura polos vosos fogares coa intención de achegar ás familias un anaquiño dos fondos da nosa biblioteca, converténdose tamén nun xeito de compartir momentos de lectura, música, cine,...

 

 


 

 

 

 

 

 

    

     Por último, recordarvos que pronto estará con vós unha nova edición do meu concursiño "Tepo quere saber...", que este ano contará con algunhas novidades:



  • Emitirase semanalmente pola radio interna do colexio.

  • Faranse 4 preguntas, unha por ciclo.

  • O alumnado de 5º e 6º dará as súas respostas a través do noso blog.  

      Xa sabedes que ao final do curso haberá agasallos para todos os gañadores e gañadoras.

 

      Animádevos e participade!!!

Distribuir contido