UNHA XORNADA DO MÁIS MOVIDA.

     O mércores,1 de xuño, tivemos a inmensa sorte de poder contar coa visita dun grupo de persoas moi destacadas nos seus respectivos campos:

     Así, á primeira hora da mañá, os escritores Xoán Babarro e Ana María Fernández mantiveron cos nenos e nenas de 3º e 4º unha charla sobre o libro desta autora, "Poemas que me cantou o grilo".

 

     Despois, a profesora de música da Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) Susa Herrera, fíxonos pasar un rato moi divertido cantando as súas cancións recompiladas no libro "Animais encantadores".

 

     Por último, varios representantes da ONG Mayo Rey explicáronnos como van os traballos e a esperanza que supón para milleiros de persoas a construción de pozos de auga no Camerún.