try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

Deporte solidario. Xogadores do club AMFIV promoven o baloncesto en cadeira de rodas no noso centro.

          

      

O club vigués, Ibercomsa Amfiv (Asociación de Minusválidos ou Físicos de Vigo) é un equipo de baloncesto en cadeira de rodas que disputa a División de Honra desde fai oito tempadas.

Desde a súa fundación traballa promocionando o deporte e especialmente o baloncesto en cadeira de rodas co obxectivo de buscar a integración a través do deporte.

A xornada no colexio consistiu nuha charla onde o alumnado coñeceu a historia do equipo, o mundo do discapacitado e as peculiaridades do baloncesto en cadeira de rodas. A continuación, os propios xogadores do Amfiv, realizaron unha exhibición,  e logo, o alumnado puido subirse á cadeira de rodas e probar en primeira persoa os inconvenientes cos que se atopan a diario os discapacitados ao desprazarse nunha cadeira de rodas e, ademais, ter a posibilidade de experimentar a dificultade engadida de xogar ao baloncesto desde a cadeira.Todo iso coa intención de que os nenos e as nenas aprendan a ver aos discapacitados desde outro punto de vista e entender que a integración é cousa de todos nós.