try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

3 de decembro, dia Internacional das Persoas con Discapacidade

As persoas con discapacidade, a «minoría máis ampla do mundo», adoitan ter menos oportunidades económicas, peor acceso á educación e taxas de pobreza máis altas. Iso débese principalmente á falta de servizos que lles poidan facilitar a vida (como acceso á información ou ao transporte) e porque teñen menos recursos para defender os seus dereitos.

 

Por este motivo, as organizacións que representan a estes cidadáns aproveitan o Día Internacional da Discapacidade para reivindicar os seus dereitos e solicitar medidas que abunden na mellora da calidade de vida deste colectivo.

 

Video de Rubén Roldán, un exemplo de superación.

Cancion de Macaco. " Marea de gente". Para todos , somos iguais pero diferentes. 3 de Decembro Dia da diversidade funcional.