try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Tempo de castañas, o magosto

O Magosto é unha festa tradicional na que se xuntaban veciños, familias e amigos para celebrar o fin dunha nova colleita. Coa expansión do cultivo de castiñeiros polos romanos, o seu froito converteuse na base da alimentación da poboación, como froito fresco, seco ou moído para facer fariña. A castaña tamén tivo gran importancia na vida e na economía das terras, dos mosteiros, dos nobres e dos seus arrendados. Aproveitaban a madeira, o seu froito e esixíase a plantación de soutos nas terras e moitas rendas ou parte delas cobrábanse en castañas, tamén coñecidas como 'o pan dos pobres'. Desde finais do século XVIII a xeneralización do millo e a pataca de América fixeron que as castañas perdesen o seu protagonismo na alimentación campesiña e xa no século XIX, graves enfermidades arbóreas levan por diante moitos soutos e xa no século XX, o abandono do medio rural, as novas enfermidades nas árbores e os incendios poñen en perigo esta especie.