try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

TEPO QUERE SABER...

     Coa finalidade de conseguir que o noso alumnado adquira as habilidades necesarias para buscar a información que precisan nos fondos da biblioteca, puxemos en marcha un concursiño chamado "Tepo quere saber...".

     Aproveitando as enormes posibilidades que nos ofrece o noso programa semanal en Radio Tui, damos a coñecer tres preguntas: unha para Infantil, outra para os cursos de 1º e 2º e a última para os nenos e nenas de 3º ata 6º.

     As respostas deberán atopalas nos andeis e libros que lles indicamos. Unha vez escritas as introducen no buzón de Tepo. Tamén poden comprobar as puntuacións que van conseguindo, unha estreliña por cada resposta correcta, nos taboleiros situados na biblioteca.

     Esta experiencia está a constituír todo un éxito. O alumnado agarda con interese o programa de radio para coñecer as solucións ás cuestións propostas, así como as novas preguntas.

Nenos e nenas buscando as respostas do concursiño.

 

Buzón de Tepo.

 
Taboleiro coas puntuacións.

 

Preguntas de tepo quere saber.