try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Blogues

RECUNCHO FEDELLO

O recuncho fedello xa está en marcha na biblio os xoves e venres no tempo de lecer.

Os alumnos e as alumnas acoden entusiasmados a realizar as súas creacións.

A continuación presentámosvos unha mostra.

 

            

           

CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Aproveitando que estamos no mes da ciencia en galego, recibimos na biblioteca unha visita moi máxica, o Mago Paco.

Os rapaces e rapazas de terceiro e cuarto gozaron co espectáculo Ciencia vs Maxia, e os de quinto e sexto, con MateMaxia.

 Quedaron abraiados!

 

A MALETA DE TEPO E TEPA

As compañeiras e compañeiros de terceiro e cuarto tiveron a sorte de recibir as primeiras maletas de Tepo e Tepa.

Que emoción!

Cantas novas lecturas para gozar!

      

 

NOVIDADES NA BIBLIO

Aquí vos presentamos as últimas novidades que xa podedes atopar na biblioteca.

A seguir gozando coa lectura!

    

      

  

AXUDANTES DE TEPO E TEPA

Este curso os rapaces de sexto son os encargados de que todo funcione perfectamente na biblioteca. Realizan empréstitos, colocan libros, velan polas normas… En fin, poñen todo a punto para cando fagades a vosa visita.

Graciñas rapaces e rapazas, sen vós, a nosa biblioteca non sería o mesmo! Bravo!

 

FIGURAS TERRORÍFICAS

O alumnado e as súas familias puxéronse máns á obra e realizaron a súa primeira creación do proxecto, unha figura terrórifica con material libre.

Aquí tedes o resultado, menudos artistas temos no cole de Rebordáns!

 Familias, grazas pola vosa implicación!

 

 

SAMAÍN 2021

No noso cole pasamos un Samaín terroríficamente divertido.

Tivemos exposións, obradoiros de máscaras, disfraces, merendas monstruosas, creación de figuras horripilantes… e non podían faltar as nosas lecturas ás escuras.

 O alumnado trouxo a súa lanterna e… os libros gañan misterio. Para moitos, a mellor Hora de Ler do curso!

  

  

 

E as máscaras terroríficas! Moi efectivas non serán... Pero chulas quedaron un rato!

Pasárono de medo!

  

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Por fin chegou o día das bibliotecas escolares e no cole estamos emocionados.

 Dende o ano 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas, en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo durante o conflicto dos Balcáns.

 Queremos elexir esta data para iniciar o noso novo proxecto. Desexamos que toda a comunidade educativa poida gozar coas actividades que temos preparadas.

Despois de varios días de pensar e pensar... claro que a rapazada de Rebordáns descubriui o nome!

 Tras moita emoción colocaron unha a unha todas as letras e...

EsculTUIrízate!!

 Preparados e preparadas? Temos moito que facer... A por todas!

 

PISTAS, PISTAS E MÁIS PISTAS...

Empezaron a aparecer pistas e máis pistas...

Pero que palabra máis longa!

Era imposible. Non podíamos deixar de pensar!

 

Letras Galegas 2021, XELA ARIAS

Distribuir contido