Skip to Content

REBORRADIO 

 

Actividades

MANDATOS DE TEPO. ENTROIDO 2023

Aquí tedes os mandatos de Tepo!

Lembrade que son acumulativos! E o xoves.... todos de Charles Chaplin!!!!

   

       

DÍA DAS BIBLIOTECAS! RETOS....SUPERADOS!

 

PROGRAMA RADIO 6º PRIMARIA

Xa está aquí o primeiro programa de radio do curso!

As nosas alumnas e alumnos de sexto foron os encargados de inauguralo. E fixéronno estupedamente!

Premede na imaxe para escoitalos.

 

¡BENVID@s AO CURSO 2022 - 2023!

Comezamos un novo curso e Tepo e Tepa están moi ilusionados. 

Despois destes últimos anos sen poder achegarnos, abrazarnos e con máscaras... por fin poderemos voltar a xogar, investigar e descubrir xunt@s coma faciamos antes.

Este curso na biblioteca, eles terán preparadas novas aventuras para festexalo. 

Estade moi atentos e atentas...

Desexámosvos boas lecturas no cole e na casa!

 

¡Benvid@s ao curso 2022 - 2023!  

 

AQUÍ GOZAMOS DA LECTURA!

Presentámosvos a última das actividades do progama de Lectura e Familias. 

Foi marabilloso compartir este novo proxecto de Lectura e Familias xunt@s. Sen vós non sería posible.

Facemos unha parada e vos esperamos o vindeiro curso para seguir esta fermosa viaxe.

Graciñas pola vosa participación!

Contaxiade o desexo de ler!

AGASALLO DAS ASESORÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Estamos rematando e temos un agasallo de parte das bibliotecas escolares para algunhas familias participantes do programa Lectura e Familias.

Moitísimas grazas á Asesoría de Bibliotecas Escolares por esta sorpresa!

E familias, non perdades a oportunidade... Contade moito!

 

MISIÓN... BANDA DESEÑADA

Tepo e Tepa lanzaron unha misión para as familias de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Tratábase de completar cun texto as bandas deseñadas.

Pasádevos pola biblioteca e veredes que historias tan curiosas conseguiron!

Sodes xeniais! 

Graciñas por participar!

 Premede na portada para ver un avance.

  

ILUSTRAMOS... ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Enmarcado no programa Lectura e Familias, dentro das actividades de Lendo Xunt@s, as familias de educación infantil, 1º e 2º de primaria ilustraron coas súas creacións o poema de Rosalía, Adiós ríos, adiós fontes.

Na biblioteca poderedes ver o libro co poema completo e os debuxos.

Parabéns familias polas vosas achegas!

 

O CONTO QUE PERDEU AS PALABRAS

Presentámosvos as adaptacións que fixeron as familias de 1º e 2º de primaria, do conto Ricardo, o escultor do escritor Gianni Rodari  e da ilustradora Montse Tobella

Non podemos estar máis orgullosos de vós! 

Todas as historias estarán na biblioteca dispoñibles para que poidades lelas con calma.

Aquí vai un avance... Seguro que vos encanta!

 

Premede na imaxe. Descubriredes unha sorpresa...

 

 

MULLERES CIENTÍFICAS

Estamos rematando o curso e as nenas e os nenos de terceiro de primaria quixeron agasallar a Tepo e Tepa cun vídeo que gravaron sobre Rachel Carson e Ángeles Alvariño, dúas importantes mulleres que contribuíron cos seus descubrimentos científicos.

Noraboa, rapazada!

Quedouvos xenial!

 

 Durante este verán, Tepo e Tepa van buscar novos libros que seguro a estes rapaces e rapazas lles van encantar!

Distribuir contido


by Dr. Radut