Skip to Content

Admisión alumnado

Listados de alumnado por cursos 2015/16

Xuntamos listados de alumnado de infantil e primaria para o curso 2015/16

INFANTIL    -    PRIMARIA

Listaxes provisionais de admisión para o curso 2015/16

Informamos que todo alumnado que solicitou praza para o curso escolar 2015/16 foi admitido.

Xuntamos listaxes de admisión.

De momento non podemos informar sobre a situación das solicitudes de servizos complementarios, transporte e comedor. Esperamos dispoñer dunha información moi provisional a mediados do mes de abril. Posteriormente, cando nos confirmen as normas de admisión para comedor e transporte, publicaránse as listaxes correspondentes.

Reunión 4º infantil: Periodo adaptación

Informamos da convocatoria de reunión coas familas de 4º de Ed. Infantil para tratar entre outras cuestións, o PERIODO DE ADAPTACIÓN e entrevista persoal.

Data: 4 de setembro de 2014

Hora: 16:30h

Lugar: Biblioteca do centro

 

Formalización de matrícula 2014/15

Do día 20 ao 30 de xuño ábrese o periodo de formalización de matrícula no centro.

Pode baixar os impresos dende esta mesma páxina para presentalo na secretaría do centro.

Tamén pode cumprimentar o documento de autobaremación para o servizo de comedor escolar.

DOCUMENTACIÓN:

  1. Anexos III Formalización de matrícula
  2. Autobaremación de comedor
Anexo III Matrícula

Autobaremación

comedor

Admisión de alumnado 2014/15: listados provisionais de admitidos/as

Todo o alumnado que solicitou praza para o curso escolar 2014/15 obtivo praza no centro.

Publicamos os listados provisionais de alumnado admitido.

Dado que a oferta de prazas supera as solicitudes non foi necesario baremar.

Educación Infantil
4º de Infantil 6º de Infantil

 

 

 

Educación Primaria
1º Primaria 2º Primaria 3º Primaria 5º Primaria 6º Primaria

Antes do 15 de maio publicaremos as listaxes definitivas.

Nesas mesmas datas esperamos publicar listados sobre a utilización dos servizos educativos complementarios: Comedor e Transporte

Admisión de alumnado 2013/14

Informamos que unha vez pechado o proceso de solicitudes de admisión, non é necesario facer baremación dado que a oferta supera a demanda, polo que todas as solicitudes foron admitidas.

Prema nas ligazóns para acceder aos listados:

Educación Infantil
4º de Infantil 6º de Infantil
Educación Primaria
1º de Primaria 2º de Primaria 4º de Primaria 6º de Primaria

A admisión para o servizo de comedor está pendente da Orde de Admisión que aínda non está publicada.

No seu momento, convocaremos as familias para a o día de Portas Abertas. (Finais de maio -xuño)

A confirmación da matrícula será previsiblemente do 20 ao 30 de xuño de 2013.

Matrícula 2012/13: Preinscripción de alumnado

Rematado o prazo de preinscripción do alumnado informamos que todo o alumnado que fixo a preinscripción para o curso 2012/13 foi admitido.

Preinscripción 2012/13
4º de Ed. Infantil 44
5º de Ed. Infantil 3
1º de Ed. Primaria 3
3º de Ed. Primaria 1
4º de Ed. Primaria 2
5º de Ed. Primaria 2

Admisión Comedor escolar:

  • Todo o alumnado que solicitou comedor sendo beneficiario de transporte escolar (+2 km do centro) terá praza no comedor escolar.
  • Todo alumnado da área de influenza do centro terá con case toda seguridade praza no comedor. (Alumnado de primaria empadronado en Brión e alumnado de infantil na área de influenza de Pedrouzos)
  • Todo o alumnado de Educación Infantil, da área de influenza das unitarias, que durante o curso 2011/12 disfrutou do servizo de comedor, terá con case toda seguridade praza no comedor.
  • O novo alumnado que solicitou matrícula para Educación Infantil, sendo da área de influenza das unitarias estará na lista de espera entre os postos 1 e 11.
  • O alumnado domiciliado noutros concello que durante o curso pasado e/ou cursos anteriores disfrutou de servizo de comedor estará na lista de espera dos postos 12 a 20.
  • Unha nova solicitude de matrícula para un alumno domiciliado noutro concello ocupará o posto nº 21 na lista de espera.

A admisión no comedor escolar é aínda provisional xa que a Consellería de Educación non remitiu as normas definitivas para o próximo curso 2012/13.

Recordamos que a matrícula definitiva no centro farase entre o 20 e 30 de xuño de 2012.

A finais de maio ou durante o mes de xuño convocarase unha "Xornada de portas abertas" e seguramente unha reunión informativa sobre o comedor escolar.

LISTA DE ESPERA NO COMEDOR ESCOLAR

Apertura do Prazo de Preinscrición para o Curso 2012-13

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Ábrese o prazo de preinscrición correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2011-12 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

O prazo abrangue do 1 de Marzo até o 10 de Abril do 2012.

A reserva de praza farase no propio centro entregando o impreso de solicitude ou Anexo II e o resto de documentación que se cita. O impreso de solicitude para admisión que pode ser recollido na conserxería do centro ou ben premendo na LIGAZÓN

DOCUMENTACIÓN:

1. IMPRESO DE SOLICITUDE (ANEXO II)

• Coa entrega, no centro daráselle necesariamente rexistro de entrada.

• No caso de separación legal dos proxenitores, a solicitude terá que ser asinada polos dous.

2. CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO MUNICIPAL con todos os membros que convivan co alumno/a.

• De conformidade co establecido no artigo 21.4 da Orde, o domicilio familiar acreditarase mediante “certificado de empadroamento municipal” no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel.

• Excepcionalmente, pode considerarse como domicilio familiar o daqueles familiares cos que o menor efectivamente conviva. Nestes supostos excepcionais non é suficiente a xustificación do domicilio mediante unha certificación do padrón municipal, sendo requisito imprescindible para a súa consideración a xustificación dunha convivencia real mediante certificación específica expedida, para tal efecto, polo concello, a partires de informes da Policía Local ou da Garda Civil.

3. Copia do DNI de ambos pais e do alumno/a (no caso de que o teña).

4. Copia do libro de familia.

5. Copia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas

SOLICITANTES DE SERVIZO DE COMEDOR

O número de prazas é limitado; no caso probable de superar a demanda ás prazas ofertadas aplicarase o baremo que oportunamente dictará a Delegación Territorial.

En calquera caso o servizo de comedor está garantizado para:

1. Alumnado beneficiario do servizo do transporte escolar (distancia superior a 2 km do centro)

2. Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe do/a asistente/a social do concello. As prazas que resulten vacantes poderá solicitalas o resto do alumnado que será baremado segundo a normativa que próximamente publicará a Delegación Territorial de Educación.

 Orde de admisión

Reserva de praza curso 2012/13

A reserva de praza é só para o alumnado deste propio centro que vai seguir estudos aquí para o ano seguinte, ou para alumnado de centros adscritos:

EEI dos Ánxeles - EEI de Sabaxáns - EEI da Igrexa.

Tamén deberán facer reserva de praza o alumnado de 6º Curso de seguir estudos no IES de Brión.

PERIODO DE RESERVA DE PRAZA

Do 1 ao 18 de febreiro

Documentación:

Xuntamos o ANEXO I para cumprimentar a reserva o alumnado de centros adscritos.(Escolas unitarias e Alumnado de 6º)

Xuntamos documento de solicitude de reserva para o propio alumnado do centro (enviose a través do alumnado ás familias).

PERIODO DE ADMISIÓN

Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro nin nas escolas adscritas: Abrirase o periodo do 1 ao 30 de marzo.

 Documento reserva alumnado do centro 

 Anexo I reserva de praza para centros adscritos 

Distancias entre o CEIP de Pedrouzos e as paradas de transporte escolar.

Adxuntamos resolución sobre as distancias entre o CEIP de Pedrouzos e as distintas paradas.

Resulición distancias

Distribuir contido


by Dr. Radut