Skip to Content

Paula Carballeira estivo no noso colexio.

 

O mércores desta semana estivo Paula Carballeira na biblioteca do noso colexio falándonos sobre o seu libro Casas. Contounos que para escribilo se inspirou en casas nas que viviu ou que lle gustaría vivir.

Despois preguntámoslle sobre a súa vida de actriz e escritora. Díxonos que as súas primeiras experiencias como contacontos foron cando lle contaba contos de medo aos seus irmáns, que por certo pasaban moito medo , o mesmo que pasamos nós cando nos contou un conto de medo dun home moi parvo que vendeu todo o que tiña e foi vivir a unha casa abandonada. Unha noite petaron na porta e era unha nena que lle pedía azucre. E así varias noites ata que unha noite lle preguntou á nena:

- Neniña, e ti non estarás morta?... Imaxinade como pode continuar...

 A historia gustounos moito e esperamos que Paula volva noutra ocasión ao noso colexio.

 Héctor Iglesias e Pablo Freire

 



story | by Dr. Radut