O luns 3 de outubro empezan as actividades complementarias dos Ceip de Pedrouzos ofertadas dende Claustro de Profesorado e polo Concello de Brión.
Actividades do Centro, todos os días da semana para o alumnado de primaria:
Biblioteca: 15:30H - 17:30H.
Sala de Estudo : 15:30h - 17:30h.
Ludoteca: 15:30h - 16:30 h.
Para estás actividades non é necesario anotarse. Inicialmente o acceso será libre e voluntario. Segundo se vaian desenvolvendo verase a necesidade de establecer horarios por niveis ou grupos.
Actividades ofertadas polo Concello:
Prema no escudo do Concello para acceder ao listado de alumnado participante con data 29/09/2011 nas actividades do concello.
Recordamos que as actividades son responsabilidade do Concello. As actividades que se realizan no centro serán os propios monitores/as quenes recollan o alumnado ás 16:30h..
Nas actividades que se realizan en instalacións alleas ao centro, campo de fútbol, centro social, biblioteca,... serán as propias familias as responsables de trasladar ao alumnado.
As familias de nenos e nenas maiores poderán solicitar e asinar autorización para que dende o centro se lles permita sair sós, baixo a responsabiblidate paterna e materna, a participar nas actividades.