Skip to Content

blogue de_a Clase das Quenllas

PARABENS KIMBERLYN, NO TEU CUMPREANOS!!!

HOXE 19 DE DECEMBRO CELEBRAMOS O CUMPREANOS DE KIMBERLYN, FIXO XA 5 ANOS. FIXÉMOSLLE UN LIBRO DE AGASALLO.

PODEDES VER MÁIS FOTOS DO CUMPREANOS NA GALERÍA SE PREMEDES NA FOTO.

FELICIDADES KIMBERLYN!!!

POSTAIS DE NADAL

COMA TODOS OS ANOS OS CATIVOS DO CENTRO PARTICIPARON NUN CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL QUE FIXERON NA CASA.

TAMÉN DENDE O CENTRO FELICITAMOS A TODAS AS FAMILIAS CUNHA POSTAL QUE EN INFANTIL NÓS PERSONALIZAMOS.


PORTADA PARA OS NOSOS TRABALLOS

PARA LEVAR OS NOSOS DEBUXOS DESTE TRIMESTRE GARDÁMOLOS NUN LIBRO E FIXEMOS UNHA PEQUENA PORTADA.

ADORNOS PARA Á NOSA AULA

FACEMOS OS NOSOS PRIMEIROS ADORNOS DE NADAL, AQUÍ VEDES O RESULTADO.

TAMÉN COLABORAMOS COA DECORACIÓN DO CENTRO EN INFANTIL, COS ADORNOS QUE REALIZAMOS NA CASA COAS NOSAS FAMILIAS TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL.

NO TEITO E NUNHA ÁRBORE ELABORADA CON MATERIAL RECICLADO.

XOGAMOS AO AFORCADO

DE CANDO EN VEZ, PARA REPASAR O ABECEDARIO E O VOCABULARIO TRABALLADO NOS PROXECTOS, XOGAMOS AO AFORCADO. NEL ENCÁNTANOS GAÑARLLE Á NOSA PROFE, COLABORAMOS TODOS E TODAS PARA CONSEGUILO.

MÁIS TARDE, E PARA REFLEXIONAR SOBRE OS DATOS LIDOS EN DIVERSOS TEXTOS EXPOSITIVOS RELACIONADOS CO TEMA E ESCRIBIMOS OS DATOS NUMÉRICOS QUE QUERIAMOS COÑECER: 4OO ESPECIES DE TIBURÓNS SENDO 3 DUCIAS DELES PERIGOSAS.

PRIMEIRO ESCRIBIU DANIELA COA AXUDA DE TODOS O 400. POSTERIORMENTE, BUSCAMOS O QUE ERA UNHA DUCIA, PROCURAMOS ESTRATEXIAS (FACER RAIAS E CONTALAS XUNTAS) PARA CALCULAR CANTAS ESPECIES SON 3 DUCIAS. FINALMENTE, COMPARAMOS OS NÚMEROS PARA SABER CAL ERA O MÁIS GRANDE.

O TRIÁNGULO, TITO E PABLO PICASSO

SEGUIMOS A TRABALLAR AS FIGURAS XEOMÉTRICAS, NESTE CASO TRÁTANSE DOS TRIÁNGULOS E PARA TRABALLALOS ESCOLLIMOS O CADRO DE NENA CON BARCO DE PABLO PICASSO.

O CARBALLO CON BOTAS

HOXE VOLVIMOS LER O CONTO DE O CARBALLO CON BOTAS, DE ANXO MOURE E COMA NA HISTORIA NOS TAMÉN PLANTAMOS LANDRAS NUN ZAPATO VELLO.

MOITAS GRAZAS SUSANA POR AXUDARNOS!!

O RESULTADO DO TRABALLO DE TODO INFANTIL PODÉMOLO OBSERVAR NA SEGUINTE FOTO E AS QUE PODEMOS VER NA GALERÍA, SE PRESIONAMOS NA FOTO.

AS GAIVOTAS TRAS O PRESTIGE

10 ANOS DO PRESTIGE,  DESPOIS DE SEGUIR A LER SOBRE O TEMA FIXEMOS UN DEBUXO COMO RESUMO DO LIBRO MAREA NEGRA.

TAMÉN GAIVOTAS, COMO OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS.

VISITA Á EXPOSICIÓN SOBRE O PRESTIGE

A BIBLIOTECA DO CENTRO ORGANIZOU UNHA EXPOSICIÓN QUE LEMBRA O DESASTRE DO PRESTIGE 10 ANOS DESPOIS DE QUE ACONTECERA.

FUMOS A VELA COS NENOS E NENAS DA CLASE DA PROFE SUSANA DE 4 ANOS.

OBSERVAMOS, ANALIZAMOS E COMENTAMOS OS TEXTOS E IMAXES DA EXPOSICIÓN, VALORAMOS O QUE SUCEDEU COMO ALGO NEGATIVO PARA A NOSA COSTA, O MAR E AS PERSOAS QUE SUFRIRON AS SÚAS CONSECUENCIAS.

VALORAMOS TAMÉN MOI POSITIVAMENTE O TRABALLO DOS VOLUNTARIOS, GRAZAS Á MAREA BRANCA.

POLO SAN MARTIÑO...

TROMPOS AO CAMIÑO, NA CLASE PEONZAS.

Distribuir contido


by Dr. Radut