Actividades Complementarias

CONTACONTOS EN LSE

17/12/2009 11:00
17/12/2009 12:00
Etc/GMT

O vindeiro 17 de decembro teremos no colexio "Contacontos en LSE" gracias a FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia) que se ofreceron a vir gratuitamente dende A Coruña a contarnos un conto.

 

Outro ano máis, Blanca e Miguel viñeron ao cole a contarnos dous preciosos contos "Lidia y yo ponemos la mesa" e "Marci e Ciano, dos niños marcianos".
E o mellor da actividade foi que logo fixeron un pequeno obradoiro de LSE cos nenos co vocabulario de cada conto.... no que participaron todos os nenos e nenas. Os pequechos super super atentos.


Moitas grazas por colaborar con nós e por ensinarnos tantas e tantas cousas. Esperamos que a próxima cita sexa moi axiña!

XIMCANA DO XOGO DE PETERS

14/12/2009 10:00
14/12/2009 12:00
Etc/GMT

Co motivo do DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMÁNS, que tivo lugar o pasado 10 de decembro, dende a  Área de Solidariedade, Cooperación e Voluntariado do concello de Ferrol teremos no colexio a actividade “Ximcana do Xogo de Peters”: un percorrido de diferentes actividades lúdicas dirixidas ao alumnado de Educación Primaria que teñen como trasfondo analizar as condicións dun traballo digno.

 

Este luns fixemos unha actividade nas aulas. O Concello ofreceunos facer por ciclos "O xogo de Peter".
En cada grupo formaron equipos e fixéronlles ver as distintas condicións dos traballadores dependendo da súa localización no mapa do mundo. Os Dereitos Humanos enfocados desde o ámbito laboral moi ben traballado cos alumnos e alumnas de Primaria.
Nós, rodeados de todas as comodidades, non sempre recordamos que explotación no traballo segue a existir: e a mensaxe quedou moi clara para todos!

EXPOSICIÓN ITINERANTE "AFORRANDO ENERXÍAS"

11/12/2009 13:00
Etc/GMT

O día 11 de decembro chega ata o colexio de Pazos a primeira exposición itinerante da asociación LAPIS VERDES, que baixo o nome de  AFORRANDO ENERXÍAS pretende concienciar ao alumnado e público en xeral sobre o problema real do cambio climático e , modestamente, axudar a mellorar o planeta. Esta exposición permanecerá no noso centro ata o vindeiro 8 de xaneiro.

 

Hoxe de novo chegou unha carta de Chipa recordándonos que está no noso cole a exposición "Aforrando enerxía", da asociación Lapis Verde, composta por 15 paneis ilustrados por Leandro Lamas e que pretenden concienciarnos sobre o aforro de enerxía para tentar frear o cambio climático.
Ademáis a maleta de Chispa desta vez veu cargada de agasallos, todos eles relacionados co medio ambiente, a reciclaxe ou o aforro de enerxía.

Recordade que a exposición está aberta tamén para os pais e nais que queiran visitala.

VISITA AO BELÉN DA ORDE TERCEIRA

10/12/2009 10:00
10/12/2009 11:00
Etc/GMT

O vindeiro 10 de decembro, as alumnas e alumnos de E.I., así como os de 1º,2º e 3º de Educación Primaria visitarán o renombrado Belén da Orde Terceira do artista ferrolán Alfredo Martín.

FUNDACIÓN CAIXA GALICIA E MUSEO NAVAL

27/11/2009 10:30
27/11/2009 11:45
Etc/GMT

O venres 27 de novembro, os nenos/as de Educación Infantil farán unha visita á Fundación Caixa Galicia para ver a exposición "A auga o sangue da terra" e facer un taller sobre a mesma e ao mesmo tempo os alumnos/as de 4º,5º e 6º de Educación primaria visitarán o Museo Naval.

 

Porque é moi importante aprender a respectar o medioambiente desde pequenos, o venres visitamos a Fundación Caixa Galicia de Ferrol para ver a exposición fotográfica "A auga, o sangue da terra" de Manuel Valcárcel.

Grazas a Feder, un paxaro un tanto especial que acompañou a Manuel Valcárcel no seu viaxe polo mundo mentres tomaba as súas fotografías, fomos coñecendo lugares moi diferentes ao noso contorno a través da mirada do fotógrafo.

Despois da visita participamos nun obradoiro no que fixemos un "mar libre de residuos", cheíño de animais, e sen nada, nada de lixo!!! Esforcémonos por conservalo así.

Aquí tedes as fotos da nosa visita:

VISITA AO MUSEO NAVAL DE FERROL, recentemente rehabilitado. Moitas imaxes desta importante superficie adicada á exposición de milleiros de obxectos relacionados coa navegación, podedes velas se picades aquí.

E agora, as nosas fotos...

E este é o traballo que desde a Biblioteca, o SP "Coñecendo Ferrol" e o ENDL se preparou para facer esa visita e traballar logo nas aulas.Se cadra non sexa o mellor medio para presentalo pero si para que polo menos se poida ver.
Distribuir contido