Actividades Complementarias

DOBRE EXCURSIÓN

03/06/2010 12:00
03/06/2010 13:30
Etc/GMT

Excursión por partida dobre no colexio. Por unha banda os rapaces e rapazas de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria irán ao Torrente Ballester a ver a obra de teatro: "A CEBRA CAMILA" e pola outra, o alumnado do terceiro ciclo irá ao Carvallo Calero a ver a exposición "HISTORIA DE GALICIA, A NOSA HISTORIA".

Celebración do Día das Letras Galegas 2010

21/05/2010 12:15
21/05/2010 13:30
Etc/GMT

O venres 21 de maio de 2010 celebraremos o Día das Letras Galegas, que no ano 2010 adícaselle a Uxío Novoneyra cun pequeno festival con contribucións de todos os cursos.

Para obter máis información sobre este poeta do Courel podes consultar o noso blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

 

Excursión a Cantabria do 3º ciclo de Educación Primaria

11/05/2010 00:00
14/05/2010 22:30
Etc/GMT

Día 11: FERROL – ALBERGUE DEL CABÁRCENO

Saída a primeira hora da mañá coa intención de chegar ao albergue arredor das 16.30h.

Día 12: PARQUE DE CABÁRCENO (todo o día)

Almorzo ás 09.00 h. e saída ao Parque da Natureza de Cabárceno e regreso ao albergue arredor das 18h.

Día 13: CUEVAS DEL SOPLAO – FORESTAL PARK

Almorzo ás 08.45 h. Visita ás Covas do Soplao. Comemos en Forestal Park e alí pasamos a tarde. Regresamos para a cena no albergue.

Día 14: ALBERGUE DEL CABÁRCENO – SANTILLANA DEL MAR – FERROL

Almorzo ás 08.30 h. e traslado a Santillana del Mar. Entrada en Altamira. Paseo por Santillana del Mar. Xantar e reanudación da viaxe cara a Ferrol tentando chegar arredor das 21h. 

UN DÍA CON LUÍS SEOANE

05/05/2010 00:00
05/05/2010 11:00
Etc/GMT

 Co gallo do centenario do nacemento do destacado e polifacético artista hispano-arxentino, Luís Seoane ( debuxante, pintor, gravador e escritor), os alumnos e alumnas de segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria interpretarán algunhas das súas imaxes artísticas e descubrirán coa súa mirada e participación activa, a forza da plástica e o comprometido talento de Luís Seoane. Todo isto gracias á Fundación Luís Seoane que fará que un educador se achegue ao noso centro para actuar como mediador, como ponte entre os nosos alumnos/as e Seoane. Esta actividade rematará cun sinxelo obradoiro plástico.

 

Tivemos a sorte, xa a primeira hora da mañá, de escoitar a Luís, da Fundación Luís Seoane. Como ben dixo el, non era Luís Seoane, pero contounos moitas cousas, e dun xeito moi ameno, deste gran artista galego, que cumpriría os cen anos neste 2010.
Escritor, ceramista, ilustrador, pintor, deseñador, editor, debuxante, avogado, gravador e xornalista! ... E preguntou Luís que que facía falta para ser quen de adicarse a todas estas cousas na vida; e curiosamente, nos dous grupos (Primeiro o 3º ciclo, e nunha segunda sesión, o 2º), contestaron o mesmo e na mesma orde: moi intelixente e moi traballador.
Contounos que sempre estivo do lado dos máis débiles como avogado. Nos seus cadros, nos seus murais, nas pinturas, gravados... sempre Galicia como tema de fondo: a emigración, os galegos e galegas, a cultura, a tradición...
Hoxe achegámonos máis á súa figura. Un audiovisual serviu para comprender a súa obra; e despois, como non era menos, puxemos mans á obra.
A continuación tedes os resultados de todo isto. Primeiro as fotos de 5º e 6º.

E estes son os seus traballos:

Despois tiveron outra sesión os nenos e nenas do 2º ciclo

E estes son os seus traballos:

MOITAS GRAZAS E ATA SEMPRE!
Distribuir contido