Biblioteca

CONTACONTOS EN LSE: "Me he perdido"

04/05/2012 11:45
04/05/2012 12:15
Etc/GMT

Contacontos no recreo para Infantil e os primeiros ciclos de Primaria en Linguaxe de signos.

 

 
Lola e Paula, contacontos na Biblio Xoán Farias
 O pasado venres as profes Paula e Lola déronnos unha sorpresa porque preparon un conto para as nosas sesións de "CONTACONTOS NOS RECREOS". Escolleron "¡Me he perdido!", de JuanolO (entra, se o desexas, no seu blog), de Carambuco Ediciones. Navegando pola páxina deste escritor e ilustrador atopamos unhas láminas para colorar do noso amigo caracol... ¿Anímaste a intentalo? Que ¿quen é o noso amigo o caracol? Pois o portagonista do conto. Busca que te buscarás unha casiña e resulta que o caracoliño levábaa enriba! ¡Este caracooooool!

 

* Así foi a sesión: A medida que a profe Lola nos contaba e ensinaba as preciosas ilustracións, Paula completábao coa LSE. Resultou unha activdade moi interesante da que xa había tempo que non disfrutabamos, Ao final escoitamos e vimos o DVD. ¡FENOMENAL! 
Grazas ás dúas por este ratiño tan bo e grazas a JuanolO por escribir e ilustrar este conto. ¡Gustounos moito!
Ata a próxima!
Deixámosvos coas fotos da sesión.
E, por últimoooooo... ¡O CONTO!

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA

23/04/2012 12:15
23/04/2012 13:15
Etc/GMT

 



O pasado luns subimos á Biblioteca tan pronto como entramos no cole para, un ano máis, celebrar o Día do Libro. Alí estaba na pantalla Miguel de Cervantes.




Durante a semana pasada, cada clase, elaboramos un conto con temática do Sáhara e chegara o momento de lelo, ou contalo. Michelle comezou a sesión falándonos sobre a figura de Cervantes, para dar paso á lectura dos contos. Empezaron os de E. Infantil coa profe Rosa para continuar co resto dos grupos. Aquí os tedes. Esperamos que vos gusten.

CELEBRACIÓN DO DÍA DA POESÍA E O TEATRO

17/06/2012 15:00
Etc/GMT

Reunidos na Biblioteca Xoán Farias do noso Centro, celebramos o Día da Poesía e o Teatro.

Este ano retrasamos un pouco a nosa festa, pero non pensedes que por iso foi menos importante. Este foi o programa:

Infantil 3-4 anos: Baile "Chis-pum"
Infantil 4-5 anos: Poesía "Por la noche sale el gato"
1º EP: Teatro " Por fin vacacións!"
2º EP: Poesía "Estaba a amora"
3º-4º EP: Poemas "As catro estacións"
5º EP: Romance "A pomba"
6º EP: Poema "El rey de papel" (Se picades no enlace atoparedes máis información nos Cadernos de 5º e 6º). Incluso estas versións musicadas.
Ademais, Alberto Souto, interpretou, xunto cos seus compañeiros, un poema en linguaxe de signos: " "

Deixámosvos aquí as fotos da celebración. Con maleta de Chispa incluída, claro.

CONTACONTOS NO RECREO

20/03/2012 11:45
20/03/2012 12:15
Etc/GMT

FREDERICK: Contcontos no recreo. A profe Feli coa axuda de Michelle e Dani

Esta mañá Feli contounos "Frederick".
Frederick de Leo Lionni, conta a historia dun pequeno rato de campo ao que só lle gustaba mirar as estrelas e atrapara os raios do sol, as cores e as palabras no aire. Cando vai chegar o inverno os ratiños que vivían con el comezan a recoller provisións, pero Frederick non. El soñaba coas cores da primavera... Recollía os raios do sol para os fríos días do inverno.
Cando chegou o momento agocháronse entre as pedras do muro. Foron pasando os días e pouco a pouco as provisións foron diminuíndo ata que non quedou nada. Daquela os ratos empezaron a enfadarse e a poñerse nerviosos.
¿E as túas provisións, Frederick? Preguntáronlle.
O ratiño comezou a contarlles historias cheas de luz, de color e das palabras bonitas que fora recollendo. Os demais comezaron a soñar e a sentir de novo a vida que Frederick lles transmitía.

 

Igual que Frederick, hoxe Feli fíxonos felices transmitíndonos unhas raiolas de sol, unhas pinguiñas de color e as máis fermosas palabras.

¡FELIZ PRIMAVERA E FELICES LECTURAS!

¿Queredes ver as fotos desta sesión? Hainas de antes de que empezase a sesión, porque a profe Feli fíxonos sufrir un pouco, ¿a que si? Tamén podedes ver a Dani e a Michelle que formaron equipo coa profe. E por último podedes ver máis fotos dos debuxos de Frederick que se repartiron para que cada quen poida facer a súa marioneta.
Aquí vos deixo este vídeo en inglés por se queredes recordar o conto...

 

MALETAS VIAXEIRAS: EXPOSICIÓN DE POESÍA

07/02/2012 17:00
23/02/2012 13:55
Etc/GMT

MALETAS VIAXEIRAS: EXPOSICIÓN DE POESÍA. Selección de libros de poesía infantil e xuvenil, cedida polo CFR de Ferrol

Distribuir contido