Infantil 4-5 anos

O proceso de fermentación (2)

Como xa somos maiores empezamos a escribir en libretas. E que mellor comezo para estas libretas que escribir sobre o noso primeiro experimento sobre o proceso de fermentación, non credes?

O proceso de fermentación


Como o proceso de fermentación do mosto é un fenómeno carbónico sabíamos que se tiña que liberar un gas en forma de burbullas. E para non deixalas escapar puxémoslle un globo á nosa botella.

O gas ía a inchar o globo, de iso estábamos seguros, pero...

¿CÁNTO ÍA TARDAR?
¿CÁNTO ÍASE A INCHAR?


A nosa seguinte pregunta foi:

¿CÁNTOS DÍAS TARDARÁ EN ESTOUPAR O GLOBO?

Por iso decidimos sacarnos unha foto cada día cun cartel nas mans que dí o número de días que leva o mosto fermentando. Así poderemos ver cánto se vai inchando o globo cada día.


Como sempre, as fotos para os curiosos:


Facemos mosto

Hoxe fixemos mosto no cole coas uvas que nos trouxo a profe e que colleu na fin de semana.

Para facelo temos que lavarnos ben as mans, ben frotadiñas as puntas dos dedos para eliminar calquera suciedade.
Despois esmagamos as uvas, primeiro coas nosas mans e logo cun pisador.
Logo colamos a maga cun escurreverduras que tiña os furados grandes e colábanse as pepitas e algún que outro "hollejo" e despois cun colador, co que lle sacamos todas as pepitas.

Ao final, e despois de probalo, hummm... que rico!!! gardamos un pouco nunha botella. Estamos moi interesados en descubrir que é o que vai acontecer no proceso de fermentación.

O outro día aprendimos que para que o mosto se convirta en viño ten que pasar 15 días e que nese tempo libérase un gas (de aí o "fenómeno carbónico").
O gas non o podemos ver, que é como o aire, por iso puxémoslle na boca da botella un globo. Se aparece o gas inchará o globo. Veremos que é o que acontece!!!


De momento as fotos do proceso:

Distribuir contido