CONTACONTOS NO RECREO

20/03/2012 11:45
20/03/2012 12:15
Etc/GMT

FREDERICK: Contcontos no recreo. A profe Feli coa axuda de Michelle e Dani

Esta mañá Feli contounos "Frederick".
Frederick de Leo Lionni, conta a historia dun pequeno rato de campo ao que só lle gustaba mirar as estrelas e atrapara os raios do sol, as cores e as palabras no aire. Cando vai chegar o inverno os ratiños que vivían con el comezan a recoller provisións, pero Frederick non. El soñaba coas cores da primavera... Recollía os raios do sol para os fríos días do inverno.
Cando chegou o momento agocháronse entre as pedras do muro. Foron pasando os días e pouco a pouco as provisións foron diminuíndo ata que non quedou nada. Daquela os ratos empezaron a enfadarse e a poñerse nerviosos.
¿E as túas provisións, Frederick? Preguntáronlle.
O ratiño comezou a contarlles historias cheas de luz, de color e das palabras bonitas que fora recollendo. Os demais comezaron a soñar e a sentir de novo a vida que Frederick lles transmitía.

 

Igual que Frederick, hoxe Feli fíxonos felices transmitíndonos unhas raiolas de sol, unhas pinguiñas de color e as máis fermosas palabras.

¡FELIZ PRIMAVERA E FELICES LECTURAS!

¿Queredes ver as fotos desta sesión? Hainas de antes de que empezase a sesión, porque a profe Feli fíxonos sufrir un pouco, ¿a que si? Tamén podedes ver a Dani e a Michelle que formaron equipo coa profe. E por último podedes ver máis fotos dos debuxos de Frederick que se repartiron para que cada quen poida facer a súa marioneta.
Aquí vos deixo este vídeo en inglés por se queredes recordar o conto...