Skip to Content

Visitas

PACO NOGUEIRAS

          Este último Nadal tivemos a sorte de recibir un agasallo dos Reis Magos grazas a un encargo que lles fixera a ANPA. Foi o libro de Cantarolas e como non podía ser menos, o completamos coa visita de Paco Nogueiras ao noso cole.

Que ben o pasamos!!

Deixamos unha mostra deste encontro para que se vos poñan os dentes un pouquiño longos

 

 

SILVESTRE GÓMEZ XURXO

         Case, case xa está rematando o curso pero aínda nos falta recibir cos brazos abertos a Silvestre Gómez Xurxo, autor de algún dos libros que lemos nos clubs de lectura. No 2º ciclo foi "Ti non xogas" e no 3º, "Déixao medrar". E foi o día 14 deste mes de xuño cando tivo lugar o encontro.

          É posible que tiveramos un pouquiño de "enchufe" porque coma xa sabedes, el é o pai de Uxía, a profe da que tanto nos lembramos e botamos de menos. Ela tivo que marchar para outro cole pero tamén nos agasallou coa visita do seu pai. Mágoa que non puidera estar tamén ela con nós este día. Moitas grazas aos dous!!!

Algunhas fotos...

 

 

E para recordar algunhas das cousas que nos contou, este vídeo.


 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Estivemos con Susa Herrera

          Conseguímolo!!! Despois de que a profe Cris nos metera o gusanillo no corpo coa canción do "Oso", tiñamos irremediablemente que coñecer á súa autora.

          E dito e feito, o dío 11 deste mes de xuño, puxémonos de acordo cos rapaces e rapazas de Infantil do colexio Ramón de Artaza de Muros e fomos dereitiños ao Auditorio da Casa de Cultura de Muros xa que quedaramos al´con Susa Herrera.

          Cando chegamos preguntounos se tiñamos especial interés nalgunhas das súas cancións e.... POR SUPOSTO QUE TIÑAMOS!!!

"En Cabárceno se oye cantar" pero seguro que ese día tamén se oía cantar en Muros e arredores porque a verdade é que cantamos e bailamos con todas as nosasa forzas. Pasámolo de marabilla e pouco a pouco imos aumentando o repertorio deste último disco dela.

          As fotos non saíron nada ben pero polo menos nos quedan como recordo deste día inesquecible.

Bueno.... xa sabemos que vos gustaría algo máis animadito, asi que mirade isto!!

 

 

A nosa primeira experiencia como científicos e científicas

        A pesar de que o curso vai acabando, as sorpresas nunca faltan. Como colofón a todo o proxecto que estivemos traballando este ano, onde se mesturaba a ciencia coa literatura, tivemos a sorte de que viñera ao noso cole Ángel Carracedo, o famoso xenetista que xa temos adoptado en Louro.

        Ademais de contarnos cousas sobre o seu traballo, tamén nos explicou o que é o ADN e, incluso, fíxonos un experimento onde puidemos velo cos nosos propios ollos. Foi incrible!

MOITAS GRAZAS ÁNGEL

Fina Casalderrey, IMPRESIONANTE!!

    Onte, 16 de abril, tivemos a sorte de recibir a visita de Fina Casalderrey na nosa biblioteca.

     Que vos podo dicir? Pois que foi realmente incrible!! Primeiro estivo un pouquiño cos nenos e nenas de 1º ciclo e despois xuntámonos o resto de Primaria. Xa leramos varios dos seus libros, na clase, nos clubs de lectura,...Mesmo, este ano os Reis Magos trouxérannos un libro dela a cada un de nós como encargo da ANPA.

     Comentounos moitas cousas e fixo moito fincapé en que para ser escritor ou escritora para ela é imprescindible ter sensibilidade. Fíxonos un "exame" (como dixo ela) para ver se nós a tiñamos e, aprobounos a todos. Ela si que nos demostrou que sacaría unha matrícula de honor, polo menos. Foi capaz de facernos rir, chorar,... espertar dun xeito impresionante os nosos sentimentos. O seu xeito de contar, o seu ton de voz,... todo en ela parece un pouco máxico.

     Aproveitamos tamén para que fose ela a que entregara os premios do concurso literario "Laxe das Rodas". Este ano os agasallados foron:  1º ciclo: 1º premio: Sara Figueiras

                                                    2º premio: Ana Fernández

                                                    3º premio: Fernando

                                       2º ciclo: 1º premio: Lucía Senande

                                                    2º premio: María

                                                    3º premio: Fernando

                                       3º ciclo: 1º premio: Breixo

                                                    2º premio: Paula López

                                                    3º premio: Janira

En fin, Fina, que agora que che coñecemos, non dubides en que intentaremos terte entre nós de novo,

MOITAS GRAZAS!!

SANTIAGO FERNÁNDEZ NO NOSO COLE

          Entre as actividades que se programan desde os Equipos de Biblioteca e de Dinamización da Lingua, había unha que estaba esperando a súa aparición e foi hoxe cando puido entrar en escea.      

        Tivemos a sorte de poder contar coa visita de Santiago Fernández Fernández, un persoeiro moi polifacético: actor, director de teatro, experto en dobraxe, autor de varios libros e tamén de numerosos artigos. E como di el, o máis importante, é de Muros.

          Estivo contándonos cousas do seu "oficio" como el o chama. Que é o cine, que é o teatro e as súas diferencias. Remontámonos a Grecia onde coas "hipócrates" (as caretas que utilizaban) os actores facían de distintos personaxes; falamos de sentimentos, de imaxinación, de representación,...

          Contounos como empezou, descubrimos algúns dos personaxes que tivo que interpretar (algúns malos, malísimos!!), e tamén coñecimos varias das películas nas que actuou como "O lapis do carpinteiro" e mesmo series de televisión como "Mareas vivas".

          Ademais tamén nos enteramos de que dobrou a un personaxe moi. moi coñecido nunha serie televisiva e de que era a súa voz a que pronunciaba esa  frase tan típica "Estás bébeda Sue Ellen". Preguntádelle aos maiores de que personaxe se trata que seguro que o saben!

          Pasámolo moi ben con el e dámoslle as grazas por compartir parte do seu tempo e da súa experiencia con todos nós.

 

 

 

Neste video tedes un resumo do que foi este visita.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

INACIO VILARIÑO

          Acabamos de ter o gustazo de compartir uns contos con Inacio. Contos de burros, pollinos, cenutrios, onagros,... Si, si, así nos dixo el unha morea de nomes cos que se coñece aos burros.

          Pasamos un rato moi entrentido escoitando, cantando e, como non, rindo!

          Mirade algunhas fotos pinchando nesta imaxe

          Tamén quedan este vídeo como testemuña do noso encontro con este estupendo contacontos que, por certo, tamén é o autor de "Fábula galénica", un texto para teatro que vos está esperando na nosa biblioteca. A ver quen o le antes!!

Jacobo Fernández Serrano

          Este mes de marzo recibimos a visita de Jacobo Fernández Serrano. É o autor de "Mil cousas poden pasar" e tamén é ilustrador.

          Nas clases e nos clubs de lectura limos o seu libro e tamén o de "A filla do ladrón de bicicletas", do que se encargou das ilustracións.

          Despois tivemos a oportunidade de telo con nós e de poderlle facer un montón de preguntas. Contounos como se inspira para facer aos personaxes, para ir construíndo a historia. Tamén por que elexiu os nomes dos personaxes,...

          Ademais fixo algún debuxo para que puidéramos velo e nolo deixou de regalo. MOITAS GRAZAS!!!

          Tamén asinou os libros daqueles nenos ou nenas que quixeron.

Pinchade nesta foto para poder ver algunha máis.

Celso Sanmartín

     Este venres, 13 de maio de 2011, dentro das actividades programadas para o día das Letras Galegas e as V Xornadas cos nosos maiores, tivemos a sorte de disfrutar cos contos deste fabuloso contacontos chamado celso Sanmartín.  Velaiquí tedes unhas fotos e un vídeo, testigos do bo rato que pasamos xuntos.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Concha Blanco

     Para conmemorar o día do libro deste ano 2011, contamos coa presenza da escritora Concha Blanco que ademais de contarnos moitas cousas, tamén entregou os premios do concurso "Laxe das Rodas".

     Pincha na seguinte foto para ver outras máis desta "ilustre visita" 

Distribuir contido


by Dr. Radut