Skip to Content

Clubes de lectura

Encontro con Gonzalo Moure

Este luns, 3o de abril, recollemos aos nosos compañeiros e compañeiras do colexio de Esteiro e puxemos rumbo a Santiago. Alí, na biblioteca pública "Ánxel Casal", encontraríamonos con Gonzalo Moure, como colofón e despedida dos clubs de lectura do 3º ciclo. Ante a imposibilidade de que el puidera achegarse aos nosos centros, nin cortos nin perezosos dispuxémonos a ir ao seu encontro, e vaia que se mereceu a pena! Contounos moitas cousas dos seus libros, das historias que agochan, da realidade que nos mostran. Tamén falounos do seu proxecto no Sáhara, da biblioteca que están construíndo en Smara, dos seus amigos os saharauis, que cada vez van en aumento,... Animounos a loitar por aquelo no que cremos, a non ser conformistas. Transmitiunos esa sensibilidade que posúe, ese entusiasmo pola vida e polo compromiso. Que máis se pode pedir?

 

Distribuir contido


by Dr. Radut