Skip to Content

ANPA

Como instalar Abalar Móbil

COMO INSTALAR ABALAR MÓBIL

ABALAR MÓBIL 

Estimadas familias.

Recordámosvos que a Consellería de Educación conta cunha APP para teléfonos móbiles que permite establecer entre o centro e as familias unha canle de comunicación e que facilita a consulta de información académica dos vosos fillos e fillas a través do móbil desde calquera lugar.

Premendo na imaxe de máis abaixo poderedes descargar a aplicación para instalala nos vosos móbiles. Para poder instalala é preciso que o fagades co teléfono móbil que figura nos vosos datos persoais no centro.

app familias

 

Ademais aquí podedes descargar a guía de instalación e manexo

Se tedes atrancos para facelo (ou o número de teléfono está sen actualizar), comunicádeo ao centro no teléfono 981827753 . 

 

VÍDEO EXPLICATIVO DE COMO INSTALAR E REXISTRASE


 

VÍDEO EXPLICATIVO DAS PRINCIPAIS FUNCIONALIDADES DE APP


 

Charlas informativas

     Tivemos a visita, grazas á xestión da ANPA, da Garda Civil para que nos explicara, tanto ao alumnado como ao profesorado e aos pais e nais moitos aspectos sobre a seguridade en Internet e tamén cos teléfonos móviles.

     Pola mañán, partcipou o alumnado desde 3º ata 6º de Primaria e pola tarde, asistiron todos aqueles pais e nais que así o decidiron.

     A verdade é que ao principio quedamos todos bastante asustados e con ganas de non volver tocar o ordenador nunca máis pero tamén é certo que nos decatamos da falta de información que temos e da necesidade de ter máis charlas deste tipo.

     Non se trata de renunciar ás novas tecnoloxíss, senón de aprender a utilizalas.

Distribuir contido


by Dr. Radut