PLAN ANUAL DE LECTURA 2022-23

No adxunto está a disposición de toda a comunidade educativa o Plan Anual de Lectura para este curso 2022-23.

AXUDAS AO ENSINO E TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS

Toda a información das axudas ao ensino e transporte do Concello de Cambados no documento adxunto.

OBRADOIROS E CHARLAS PARA AS FAMILIAS: CUESTIONARIO

As familias son parte importantísima na labor educativa e de desenvolvemento dos nosos nenos e nenas. Por eso, queremos coñecer que inquedanzas existenten na comunidade educativa así como ofrecer a oportunidade de participar en obradoiros sobre tecnoloxía que se impartirán no centro sempre que haxa demanda dos mesmos así como en temáticas de diferentes tipos. Para poder participar tanto nos obradoiros como na escolla das temáticas das charlas, deberase cumprimentar o seguinte cuestionario.

 

MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-23

Xa están dispoñibles as listas de material escolar para o curso que dará comezo o día 8 de setembro de 2022.

PLAN DIXITAL

Ponse a disposición da comunidade educativa o Plan Dixital aprobado o día 28 de xuño de 2022 no Consello Escolar. Este Plan comezará o seu desenvolvemento no vindeiro curso académico 2022/2023. 

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2022/2023

Achégase información en relación ao comedor escolar do vindeiro curso 2022/2023 xestionado pola ANPA O Castro de Castrelo. Este servizo comezará a funcionar o 8 de setembro de 2022, que será o primeiro día lectivo. As familias que precisen usar o comedor en setembro deberán anotarse dende o principio para poder organizar o servizo e ver a viabilidade do mesmo. Todas las familias interesadas en usar o servicio de comedor deben reservar praza chamando ao catering (986 408 151) durante os meses de xullo e agosto en horario de 08:00 a 15:00h, ou ben mandando un correo electrónico a  calidad@arelas.es

No documento adxunto poderán consultar prezos así como outros datos de interese do comedor escolar.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2022

Dende o equipo de Biblioteca, achéganse as recomendacións lectoras e de xogo para este periodo estival que está a piques de comezar.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022/2023 - LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO

Infórmase que xa está a disposición no taboleiro interior do centro, a listaxe definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso 2022/2023. Seguindo a Lei de Protección de Datos, estas listaxes non poderán ser publicadas na web do centro. Non obstante, sinalar que todo o alumnado que solicitou praza nos diferentes niveis de infantil e primaria, están admitidos/as. Tamén poderán consultar esta listaxe accedendo á sede electrónica a través dos diferentes medios de identificación válidos para a mesma (certificado dixital, DNI electrónico ou similar) No vindeiro mes de maio, procederase á publicación das listaxes definitivas. Tras esta informarase do prazo de formalización de matrícula (finais do mes de xuño).

No caso de existir algunha familia interesada na presentación de admisión, lémbrase que pode realizarse igualmente este trámite sendo acollido como proceso extraordinario de admisión.

CONCRECIÓN CURRICULAR DO CENTRO

Seguindo a Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa da avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, procédese á publicación da concreción curricular co fin de informar á comunidade educativa dos criterios xerais de avaliación do alumnado, criterios de outorgamento de mencións honoríficas así como os criterios xerais na modificación das programacións didácticas. Poderanse consultar estes aspectos no documento adxunto a esta publicación.

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN DO COVID CON TEST DE ANTÍXENOS DE SALIVA

Adxúntase o protocolo para a detección de infección do COVID con test de antíxenos de saliva e como se realiza a toma da mostra e lectura do mesmo.

Distribuir contido