Skip to Content

Remind no colexio

O CEIP de Bormoio-Agualada, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, pon en marcha desde este curso a aplicación Remind. Trátase dunha aplicación que permite ás familias recibir información de forma sinxela e instantánea a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

 

 

Que é "Remind"? "Remind" é unha app que nos permite intercambiar, en tempo real, mensaxes con outros docentes, familias ou o propio alumnado. Trátase dunha plataforma mediante a cal poderemos informar sobre actividades ou o que queiramos transmitir.

Onde podo usar a app? "Remind" pódese usar desde un smartphone ou un ordenador.

De onde podo descargarme a app? "Remind" está dispoñible de maneira gratuíta en Google Play e App Store.

 

Google Play

  

Apple Store

   

 

Podedes descargarvos aquí o documento para coñecer as instruccións de acceso a conta do colexio.  

AdxuntoTamaño
REMIND CENTRO.pdf219.07 KB


book | by Dr. Radut