3º Primaria

PARA LAS ÚLTIMAS SEMANAS...

 

Un novo saúdo para todos!!!

 

Comezamos co traballo desta  13ª semana que vai dos días 8 a 12 de xuño, pero a maiores hai un pdf onde se dan unha serie de actividades para a que será a última semana de colexio a que vai do 15 ao 19 de xuño.

 

Día 1:  comezamos con Lingua Castela, onde repasaremos algunhas cousas que aprendemos ao longo deste curso. A continuación faremos Matemáticas, con exercicios interactivos de multiplicacións con factores de dúas cifras. Para finalizar, en Ciencias Sociais avaliaremos o que aprendemos do aire e da auga do noso planeta (unidade 3).

 

No día 2 comezamos con Lingua Galega, cunhas pequenas lecturas onde despois debemos rodear os debuxos que apareceron nas historias que limos. Despois en Matemáticas hai actividades sobre as potencias (o cadrado e o cubo) nas que debemos  ler moi ben o recadro para despois facer os exercicios sen equivocarnos. Para rematar esta sesión  temos que ler as páxinas 46  e 47 de Ciencias Naturais, onde nos falan dos seres vivos e inertes para  despois facer as actividades do enlace.

 

Para o día  3 continuamos en Lingua Castelá facendo  exercicios variados sobre as cousas que aprendemos neste curso. A continuación, faremos un experimento sobre submarinos en  Ciencias Sociais. Por último, en Lingua Galega faremos como en Lingua Castelá uns poucos exercicios de repaso.

 

No día 4 vamos a seguir repasando o que aprendemos no curso en Lingua Castelá. Despois tocaranos ler ben as páxinas 48 e 49 de Ciencias Naturais onde aprendemos como se clasificaban os seres vivos. Unha vez lidas estas páxinas, faremos a ficha de autoavaliación que aparece no enlace e enviades o voso resultado polo correo.

 

Por último  no día 5 en Lingua Galega recordaremos algunhas das cousas que aprendemos a través duns exercicios de repaso  e despois en Matemáticas faremos  na libreta uns problemas.

 

Actividades do 15 ao 19 de xuño: no último dos arquivos hai unha serie de actividades separadas por materia onde os nenos traballaran esa última semana de curso.

 

Moito ánimo a todos que xa queda menos para estar todos xuntos e vémonos na próxima videoconferencia!!!

 

SEMANA DO 1-5 XUÑO

 

Un novo saúdo para todos!!!

 

Comezamos co traballo nesta  12ª semana.

 

Día 1:  comezamos con Lingua Castela, onde repasaremos os adxectivos de novo. A continuación faremos os exercicios interactivos nos que repasaremos as táboas de multiplicar de Matemáticas. Para finalizar, en Ciencias Sociais repasaremos as formas de representación da Terra, realizando a actividade interactiva que aparece na ligazón (para sacar un bo resultado, deben de ler as páxinas do libro que aparecen na actividade).

 

 No día 2 comezamos con Lingua Galega, cunha lectura sobre uns nenos que están nas festas da súa localidade. Despois en Matemáticas hai actividades sobre o dobre e o triplo dos números, así como multiplicacións con decenas e centenas exactas. Para rematar esta sesión  temos que ler as páxinas 38 e 39 de Ciencias Naturais, onde nos falan dos accidentes na casa, no colexio e na rúa e  despois facer as actividades do enlace.

 

Para o día  3 comezaremos en Lingua Castelá facendo uns exercicios sobre as palabras con za, ce, ci, zo e zu . A continuación, faremos a 2ª parte das actividades sobre a unidade 2 de Ciencias Sociais, relendo as páxinas que aparecen no exercicio e facendo as actividades do enlace (podedes agora enviar fotografía do resultado nas dúas sesións de Ciencias Sociais ao correo). Por último, en Lingua Galega vamos a narrar como foron as nosas últimas festas da localidade.

 

No día 4 ides a describir a un dos vosos compañeiros de clase, para elo lede ben os pasos que debedes seguir e así non vos equivocaredes. A continuación leredes moi ben a páxina 40 de Ciencias Naturais e faredes na libreta os dous exercicios que aparecen no pdf. Por último para refrescarnos un pouco faremos un pequeno experimento con auga (a ver se sodes capaces de facerlle unha fotografía ao vaso boca abaixo antes de que se vos escape a auga…enviádema polo correo).

 

Por último  no día 5 en Lingua Galega recordaremos as regras do plural dos nomes facendo  e despois en Matemáticas faremos  na libreta uns problemas.

 

Moito ánimo a todos que xa queda menos para estar todos xuntos e vémonos na próxima videoconferencia!!!

 

SEMANA 25-29 MAIO

 

Un novo saúdo para todos!!!

 

Comezamos co traballo nesta  11ª semana xa!

 

En Matemáticas, Ciencias Sociais e Ciencias Naturais, os nenos van facer unha serie de actividades interactivas nas que vos pido que saquedes unha fotografía dos resultados e mos enviedes polo correo.

 

Día 1:  comezamos con Lingua Galega, onde traballaremos o uso da coma e as enumeracións. A continuación faremos os exercicios interactivos da primeira sesión de Matemáticas, entrando no enlace que aparece. Para finalizar, en Ciencias Sociais repasaremos o Sistema Solar realizando a actividade interactiva que aparece na ligazón (para sacar un bo resultado, deben de ler as páxinas do libro que aparecen na actividade).

 

 No día 2 comezamos con Lingua Castelá, cunha actividade moi divertida onde deben ler uns pequenos textos e despois rodear os debuxos que se mencionan na lectura. Despois faremos unhas actividades interactivas sobre as páxinas 36 e 37 de  Ciencias Naturais (primeiro deben ler atentamente estas dúas páxinas). Por último realizaremos a 2ª sesión de fichas interactivas de Matemáticas.

 

Para o día 3 teremos que facer uns exercicios sobre as palabras compostas en Lingua Galega. A continuación, faremos a 3ª sesión de actividades interactivas de Matemáticas. Por último, remataremos con Ciencias Naturais, facendo un debuxo sobre os bos e os malos hábitos, para o que vos facilitarei unha plantilla, se ben podedes facela a man con unha regra e un folio.

 

No día 4 vas a escribir un correo electrónico onde contes que fixeches o fin de semana pasado en Lingua Castelá e despois faremos un experimento para Ciencias Sociais.

 

Por último  no día 5 en Lingua Castelá vamos a facer exercicios sobre as palabras primitivas e derivadas. En Lingua Galega faremos un pequeno vídeo onde enumeraremos as cousas que votamos de menos e que faremos cando nos poidamos atopar cos nosos amigos (primeiro fai un texto sobre o papel e despois de lelo unhas poucas veces fas o vídeo).

 

Non vos esquezades de facer todos os exercicios de Lingua Castela e Galega na libreta e moito ánimo a todos que xa queda menos para estar todos xuntos!!!

 

 

 

PROPOSTA DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN:

 

ÚLTIMO VÍDEO con todas as vosas aportacións  MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN DESFRUTADE VISIONÁNDOO.

 

 

 

ESTA SEMANA TEDES UNHA ACTIVIDADE INTERACTIVA E UN XOGO NO APARTADO DO DEPARTAMENTO.

 

Recordade NOS QUEDAMOS NA CASA PERO XUNTOS

 

Unha aperta do Departamento de Orientación

 

SEMANA DEL 18-22 MAIO

 

Un novo saúdo para todos!!!

 

coleatios3primaria@gmail.com

 

Comezamos co traballo nesta  10ª semana xa!

 

En Matemáticas, os nenos van facer unha serie de actividades interactivas de repaso. Para ver  onde teñen máis dificultades, pedímosvos que cubran unhas táboas de solucións antes de ver as respostas. Unha vez feitas as tres sesións, vós, os pais e nais enviaredes esas táboas ao correo de 3º.

 

Día 1:  comezamos con Lingua Galega, con unha fábula, onde unha serie de animais son os protagonistas. A continuación faremos os exercicios interactivos da primeira sesión de Matemáticas, entrando no enlace que aparece. Para finalizar repasaremos as partes do globo terráqueo en Ciencias Sociais.

 

 No día 2 comezamos con Lingua Castelá, con exercicios onde traballaremos as palabras que comezan con hie- e hue-. Despois faremos unhas actividades das páxinas 34 e 35 do libro de Ciencias Naturais. Por último realizaremos a 2ª sesión de fichas interactivas de Matemáticas.

 

Para o día 3 teremos que facer uns exercicios sobre os sufixos diminutivos e aumentativos en Lingua Galega. A continuación debemos ver un vídeo onde nos fala da investigación de Alexander Fleming para descubrir a penicilina e onde podemos ver o duro que é o traballo destes científicos que buscan as curas para as enfermidades. Por último, faremos a 3ª sesión de actividades interactivas de Matemáticas.

 

No día 4 vamos a traballar o adxectivo en Lingua Castelá e despois faremos un experimento para Ciencias Sociais.

 

Por último  no día 5 en Lingua Castelá vamos a facer un ditado para traballar as palabra con mp e mb. En Lingua Galega faremos un pequeno vídeo onde recitaremos uns versos populares.

 

Non vos esquezades de facer todos os exercicios na libreta e moito ánimo a todos que xa queda menos para estar todos xuntos!!!

 

PROPOSTA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN:

 

NOVO VÍDEO con todas as vosas aportacións  MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN DESFUTADE VISIONÁNDOO.

 

ESTA SEMANA A  ÚLTIMA EMOCIÓN É : ENFADO

ESPERO OS VOSOS DEBUXOS OU IMAXES (antes do venres), QUE VOLVERÁN A SUBIRSE A WEB DO COLE O LUNS

 

Recordade NOS QUEDAMOS NA CASA PERO XUNTOS

Unha aperta do Departamento de Orientación

 

SEMANA DO 11-15 MAIO

Saúdos a todos!!!

 

Nesta semana, no apartado de 3º de E.P. aparecen menos actividades porque ao longo desta semana celebraremos o Día das Letras Galegas e para elo ofrecemos na web do cole unha serie de actividades coas que os nenos poderán divertirse e a vez coñecer a Ricardo Carballo Calero, o homenaxeado este ano nas Letras Galegas.

 

Día 1:  comezamos con  Lingua Castelá, cunha lectura “ La princesa de fuego”. Despois Matemáticas, onde traballaremos as restas con levadas e a proba da resta.

 

No día 2 comezamos con Ciencias Sociais e coas actividades de repaso da páxina 64 onde nos teremos que mover nun plano, que é esa representación dun lugar visto dende arriba. Despois faremos algo que  está tamén relacionado cos planos pero en Matemáticas. Traballaremos as coordenadas nunha cuadrícula a través dunhas actividades e un xogo.

 

Para o día 3 teremos que facer uns exercicios sobre os sufixos diminutivos e aumentativos en Lingua Castelá. A continuación debemos ler ben as páxinas 32 e 33 de Ciencias Naturais sobre a Saúde e facer na libreta as actividades que se propoñen.

 

No día 4 vamos a facer problemas en Matemáticas (problemas con dúas operacións) e despois un experimento moi divertido en Ciencias Sociais.

 

Por último  no día 5 en Lingua Castelá vamos a escribir sobre a última película que viches. En Lingua Galega faremos un pequeno vídeo sobre as cousas que descubriches de Ricardo Carballo Calero, o noso homenaxeado do Día das Letras Galegas

 

Non vos esquezades de facer todos os exercicios na libreta e moito ánimo a todos que xa queda menos para estar todos xuntos!!!

 

Proposta do Departamento de orientación:

 

NOVO VÍDEO con todas as vosas aportacións  MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN DESFUTADE VISIONÁNDOO.

 

ESTA SEMANA A EMOCIÓN É : EMPATÍA

ESPERO OS VOSOS DEBUXOS OU IMAXES (antes do venres), QUE VOLVERÁN A SUBIRSE A WEB DO COLE O LUNS

 

Recordade NOS QUEDAMOS NA CASA PERO XUNTOS

Unha aperta do Departamento de Orientación

 

 

SEMANA DO 4-8 MAIO

Saúdos!!! Agardo que todos sigades ben!!!

Día 1:  comezamos con  Lengua, cunha lectura “La fortuna del zapatero”. Despois Matemáticas, onde traballaremos as sumas con levadas  e por último, en Ciencias Sociais veremos un vídeo sobre as capas  da atmosfera co que debemos completar un recadro sobre estas capas..

No día 2 comezamos con Lingua Galega co repaso dos prefixos (letra ou grupos de letras que se poñen ao principio das palabras para formar palabras novas: orde >> desorde) , en Matemáticas repasaremos as sumas con varios sumandos como fixemos no día anterior . Por último remataremos con Ciencias Naturais, con varias preguntas sobre a dieta sa e a dieta mediterránea (páxinas 24 e 25 do libro).

Para o día 3 teremos que facer uns exercicios sobre o número nos nomes (singular e plural)  en Lengua Castellana. Continuaremos con Lingua Galega, facendo un ditado. Por último faremos os exercicios 6 e 7 da páxina 63 do libro de Ciencias Sociais. No exercicio 7 teñen que completar os ocos dunhas frases sobre o ciclo da auga. Para que lles sexa máis fácil, dánselles as palabras desordenadas.

No día 4 vamos a narrar un acontecemento en Lingua Galega e facer un xogo coa pirámide da alimentación sa.

Por último  no día 5 traballaremos os problemas en Matemáticas e en Lengua Castellana temos que contar un conto mentres nos gravan co móbil.  Pero o conto que vamos a contar é o que  escribimos a semana pasada. Faceino con enerxía e dándolle dramatismo ao que ledes para que sexa máis interesante para quen escoita. Xa veredes que ben vos sae.

Non vos esquezades de facer todos os exercicios na libreta e moito ánimo a todos que xa queda menos para estar todos xuntos!!!

 

 

Proposta do departamento de Orientación:

 

NOVO VÍDEO con todas as vosas aportacións  MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN DESFRUTADE VISIONÁNDOO.

 

Como hai algúns debuxos que quedaron fóra dos vídeos anteriores, non vos perdades o final do vídeo que van incluídos.......

ESTA SEMANA A EMOCIÓN É : AMIZADE

ESPERO OS VOSOS DEBUXOS OU IMAXES (antes do venres), QUE VOLVERÁN A SUBIRSE A WEB DO COLE O LUNS

 

Recordade NOS QUEDAMOS NA CASA PERO XUNTOS

Unha aperta do Departamento de Orientación

SEMANA 27-30 ABRIL

3º DE PRIMARIA CEIP PLURILINGÜE DE ATIOS: 7ª semana.

Saúdos!!! Agardo que todos esteades ben!!!

Nesta semana dividiremos a tarefa en días de novo buscando facérvolo máis sinxelo e son tamén de novo só catro días, polo festivo do venres 1 de maio.

Así o día 1 comezamos con  Lengua, con uns exercicios sobre a comunicación verbal (úsanse as palabras) e a non verbal (cando non usamos as palabras). Despois Matemáticas, onde traballaremos os números romanos ata o 39 (ao final do apartado aparecen escritos todos) e por último, en Ciencias Sociais  faremos un pequeno experimento coa auga e como a percibimos.

No día 2 comezamos cunha pequena lectura en Lingua Galega, en Matemáticas repasaremos a aproximación dos números á unidade de millar máis próxima (redondeo de números: exemplo: 1.240 está entre 1.000 e 2.000 estando máis cerca de 1.000  que de 2.000) . Por último remataremos con Ciencias Naturais, con dúas preguntas sobre os 6 grupos de alimentos (páxinas 22 e 23 do libro).

Para o día 3 teremos que facer uns exercicios sobre o xénero (masculino e feminino)  en Lengua Castellana. Continuaremos con Ciencias Sociais cos exercicios de repaso da páxina 62  e en Lingua Galega vamos a escribir unha desas receitas (coa axuda dos vosos pais e nais)  que fixestes estes días na vosa casa.

Por último, no día 4 comezaremos con Matemáticas, con tres problemas e catro restas con levadas. Para Lengua Castellana tedes que escribir un conto onde polo menos aparezan cinco dos personaxes que hai no enunciado. Por último, en Lingua Galega repasaremos a división das palabras en sílabas e a sílaba tónica.

Non vos esquezades de facer todos os exercicios na libreta e moito ánimo a todos!!!

 

 

PROPOSTA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN:

 

Xa tedes o NOVO vídeo con todas as vosas aportacións, NO APARTADO DE ORIENTACIÓN. Moitas grazas pola vosa participación desfrutade e sorride visionándoo.

Seguimos co proxecto, EMOCIONÁMONOS XUNTOS  NA CASA,  ESTA SEMANA A EMOCIÓN É : CALMA. (Tedes no apartado de Orientación unha clase de ioga para inspirarvos).

ESPERO OS VOSOS DEBUXOS OU IMAXES (antes do venres), QUE VOLVERÁN A SUBIRSE A WEB DO COLE O LUNS

 

Recordade NOS QUEDAMOS NA CASA PERO XUNTOS

Unha aperta do Departamento de Orientación

 

SEMANA 20-24 ABRIL

Saúdos!!! Espero que todos esteades ben!!!

Nesta semana dividín a tarefa en días para facérvolo máis sinxelo e son só catro días, xa que a tarefa da semana 5 estaba programada para que os nenos a rematasen o martes, tendo que comezar a desta semana o mércores.

Así o día 1 comezamos con unha lectura de Lengua, despois dous exercicios sobre as paisaxes de Ciencias Sociais e rematamos con exercicios de repaso de Matemáticas sobre as cifras (unidade, decena, centena…).

No día 2 comezamos cun conto en Lingua Galega, en Matemáticas repasaremos os números ordinais (1º, 2º…) e remataremos con Ciencias Naturais e os nutrientes (páxinas 20 e 21 do libro).

Para o día 3 teremos os sinónimos e antónimos en Lengua Castellana,  en Lingua Galega temos un exercicio onde hai que por os artigos aos nomes  e escribir unha narración relacionada coa lectura de Peter Pan do día anterior. Para finalizar para Ciencias Naturais temos que coller os alimentos que temos na nosa cociña e ver que nutrientes teñen.

Por último, no día 4 comezaremos con Matemáticas, ordeando uns problemas que están desordeados e resolvéndoos despois. Para Lengua Castellana tedes que escribir unha narración contando que queredes ser de maiores seguindo os pasos que di o exercicio. Por último, para Ciencias Sociais tedes que facer un debuxo dunha paisaxe de chaira ou de costa seguindo os pasos que aparecen no enunciado.

Lembrade facer todos os exercicios na libreta e moito ánimo a todos!!!

 

 

Proposta do Departamento de orientación:

 

Xa tedes o vídeo con todas as vosas aportacións, NO APARTADO DE ORIENTACIÓN. Moitas grazas pola vosa participación desfrutade e sorride visionándoo.

Seguimos co proxecto, EMOCIONÁMONOS XUNTOS  NA CASA,  ESTA SEMANA A EMOCIÓN É : MEDO.(Tedes no apartado de Orientación un curto animado para inspirarvos).

Espero os vosos debuxos ou imaxes (antes do venres), que volverán a subirse a web o luns.

Recordade NOS QUEDAMOS NA CASA PERO XUNTOS

Unha aperta do Departamento de Orientación

SEMANA 14-17 ABRIL

Saúdos e espero que todos esteades ben!

Esta semana a maior parte das tarefas poderédelas facer nus PDF’s, os cales, se non os podedes descargar directamente dende este documento, non vos preocupedes, porque volas enviarei aos vosos correos electrónicos a través do correo

coleatios3primaria@gmail.com

que xa sabedes que é o correo electrónico que temos habilitado para calquera dúbida, só tedes que seleccionar o número correspondente (PDF1, PDF 2, etc). Prestai atención ao número do PDF para non confundirvos.

        Unha aperta moi grande a todos e moito ánimo, que xa falta menos!!!

 

PROPOSTA DENDE DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN:

 

Xa estamos de volta, neste 3º trimestre dende o Departamento de Orientación queremos traballar todas as EMOCIÓNS que estamos a vivir estes días, que xa son semanas. Por iso, imos comezar un novo proxecto:

 

        EMOCIONÁMONOS XUNTOS  NA CASA  

 

Participar é moi fácil:

 

Cada semana indicarase unha emoción diferente dende a web do colexio, NO APARTADO DE ORIENTACIÓN

 

Tedes que pensar e facer un DEBUXO ou unha FOTO que exprese esa emoción.

 

Enviar o debuxo ou foto ao CORREO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN antes do VENRES:

 

 

 

                  orientaatios@gmail.com

 

O departamento recompilará todos os recibidos e creará un vídeo semanal, que publicará o luns da seguinte semana; xunto coa nova emoción.

 

Recordade NOS QUEDAMOS NA CASA PERO XUNTOS

 

ESTA SEMANA A EMOCIÓN É : FELICIDADE

 

ACTIVIDADES 3º SEMANA 30-3 ABRIL

Por favor pais e nais, tratade que todas estas  actividades as realicen nos cadernos das materias correspondentes, se é posible. De non poder,  que utilicen un só caderno, xa que deben seguir traballando a caligrafía, ortografía, presentación…

Para facilitar o contacto entre mestres e pais, dende o centro creouse unha conta de correo electrónico a través da cal poderemos comunicarnos dunha forma máis fluida durante esta etapa de illamento. Dita conta servirá, sobre todo, como canle para solucionarvos todas aquelas dúbidas que vós xurdan coas tarefas que se presentan semanalmente na web do colexio e para facilitar a comunición entre vós, os pais e nós os mestre. Para elo, pedímosvos que en asunto escribades o nome da materia (Matemáticas, Inglés…) na que se vos presenta a dúbida e así sexa o mestre que lle dá esa materia o que vola solucione. Esta conta e:        coleatios3primaria@gmail.com  

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer