Audición e linguaxe

ACTIVIDADES 3º SEMANA 30-3 ABRIL

 

ACTIVIDADES AUDICIÓN E LINGUAXE 3ª SEMANA

·        Actividade 1: Vídeo veo-veo.

https://www.youtube.com/watch?v=v5wG-URNBR0&list=PLN064ZbhOaHyQjj6lalAdAJTwjd_yOWmC&index=3

Instrucións: O neno/a deberá visualizar o vídeo e irá respondendo as cuestións que se expoñen.

Obxectivos: Traballar a atención, a comprensión e o vocabulario de forma lúdica.

 

Actividade 2: Memoria auditiva.

https://www.youtube.com/watch?v=cbgM9BYWT9E

Instrucións: O neno/a deberá visualizar o vídeo e irá repetindo as palabras que escoita na mesma orde que o fai a muller do vídeo.

Obxectivos: Traballar a atención e a memoria auditiva.

 

Actividade 3: Xogo online de comprensión.

https://learningapps.org/watch?v=ph0qtwpic20

Instrucións: O neno/a deberá calcar co rato nas marcas vermellas e deberá seleccionar a definición correcta para cada obxecto.

Obxectivos: Traballar a atención e a comprensión lectora.

 

Actividade 4: Discriminación de fonemas.

Discriminación S/Z:

https://learningapps.org/watch?v=pz0qmtmrt20

Discriminación R(suave)/D:

https://learningapps.org/watch?v=pn38g61w520

Instrucións: O neno/a deberá seleccionar os debuxos nos que soen as bocas que lle aparecen na parte superior. Primeiro seleccionará todas as imaxes nas que soe a primeira boca que aparece e despois todas as da segunda boca.

Obxectivo:Traballar a discriminación e conciencia fonolóxica.

Recomendacións AL para a cuarentena

 

ACTIVIDADES AUDICIÓN E LINGUAXE 1ª SEMANA

De forma xeral recoméndanse o seguinte para todo o tempo que esteamos confinados:

Xogar moito: puzzles, sudokus, sopas de letras, buscar diferenzas, palabras encadeadas, aforcado, tuttifrutti, veo-veo, debuxar seguindo indicacións, xogos de cartas, xogos de mesa...

Falar moito: enumerar palabras en torno a un campo semántico (p. Ex.: froitas, animais...), ler/contar contos, inventar historias, facer descricións...

A continuación recóllense actividades máis específicas e que aparecen agrupadas nos seguintes bloques:

Procesos cognitivos básicos:

Nas seguintes ligazóns ofrécense diferentes cadernos con fichas para traballar a memoria e a atención principalmente. O ideal sería facer unha ficha diaria.

Obxectivo: Estimular os procesos cognitivos básicos.

Instrucións: Seguir as instrucións que se indiquen en cada ficha.

Caderno 1:

 https://drive.google.com/file/d/13-rwPFYFLd7znaQreePp8xYxf7edXZ-h/view

Caderno 2: https://drive.google.com/file/d/1PYcuY94ZkOa_t4XpwaDiuF3BhfVYs_SQ/view

Labirintos:

 https://www.edufichas.com/wp-content/uploads/2019/03/pdf-laberintos-para-imprimir.pdf

Fichas atención coas vogais:

https://www.edufichas.com/estimulacion-cognitiva/ejercicios-de-atencion-con-las-vocales/

Aquí recóllese unha cantidade de material suficiente para traballar este aspecto durante todo o tempo que dure este proceso extraordinario.

 

 

 

Habilidades Metalingüísticas:

 

Conciencia léxica:

Na seguinte ligazón preséntanse dúas fichas para SEPARAR PALABRAS.

https://www.aulapt.org/2020/03/06/nuevo-ejercicio-de-dislexia-separa-las-palabras-correctamente/

Obxectivo: Segmentar palabras en oracións e contar as palabras.

Instrucións: Separar correctamente os enunciados que se presentan e escribir cada palabra no recadro correspondente.

 

Conciencia silábica:

Na seguinte ligazón preséntase unha actividade para traballar a RIMA.

https://www.aulapt.org/2020/03/11/juego-de-tarjetas-palabras-que-riman/

Obxectivo: Identificar e comprender palabras que riman.

Instrucións: Seleccionar cal das tres palabras rima co debuxo que aparece na parte esquerda da tarxeta.

*Outra posibilidade que ofrece esta actividade e, na medida do posible, imprimila e que o/a neno/a recorte cada tarxeta para así traballar tamén a motricidade fina.

 

Comprensión lectora:

Nas seguintes ligazóns ofrécense dúas actividades de comprensión lectora.

Actividade 1:

https://www.aulapt.org/2020/02/27/divertido-juego-de-comprension-lectora-lee-y-une/

Obxectivo: Comprender frases.

Instrución: Unir os debuxos en función da información que se recollen nos enunciados.

 

 

Actividade 2:

https://www.aulapt.org/2020/03/03/inferencias-logicas-a-partir-de-pistas-visuales/

Obxectivo: Traballar as inferencias lóxicas.

Instrución: O alumnado debe seleccionar a resposta correcta en función da información que ofrece cada imaxe.

 

Lecto-escritura:

Na seguinte ligazón ofrécese unha actividade na que o alumnado debe recoñecer  palabras inventadas (non existen).

https://www.aulapt.org/2020/03/02/actividad-dislexia-identifica-la-palabra-inventada-en-cada-frase/

Obxectivo: Recoñecer erros.

Instrucións: Ler con coidado cada frase e detectar a palabra inventada. Logo deberán escribir a frase de novo coa palabra correctamente escrita.

 

Ortografía:

Nas seguintes ligazóns recóllense varios xogos da oca nos que se traballan as principais regras de ortografía de lingua castelá (b-v; g-j; h) http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/542/Tablero_oca_G-J.pdf

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/542/Tablero_oca_b-v.pdf

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/542/Tablero_oca_h-sin_h.pdf

Obxectivo: Traballar as regras ortográficas e o vocabulario.

Instrucións: Seguir as normas do tradicional xogo da oca. Na casilla na que se caia debemos dicir con que letra se escribe esa palabra.

Outra variante do xogo é inventar unha oración coa palabra que nos toque e para o alumnado máis maior escribilas nun folio.

 

Linguaxe oral:

Nas seguintes ligazóns recóllense varios xogos da oca nos que se traballan os fonemas e grupos consonánticos nos que o alumnado presenta máis dificultades á hora de adquirilos.

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2019/10/SUPER-OCA-DEL-Fonema-S.pdf

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2019/10/SUPER-OCA-DEL-Fonema-R.pdf

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2019/10/SUPER-OCA-DEL-Fonema-Z.pdf

http://4.bp.blogspot.com/-JFIEuUZ0wQQ/Ts6Zhtl0-HI/AAAAAAAAEJs/KsQncWZegYM/s1600/juego+trabadas+para+jugar.png

Obxectivo: Traballar a articulación e xeneralización dos fonemas.

Instrucións: Seguir as normas do tradicional xogo da oca. Na casilla na que se caia debemos dicir correctamente esa palabra.

** Outra variante do xogo é inventar unha oración coa palabra que toque**

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES AUDICIÓN E LINGUAXE 2ª SEMANA

Procesos Cognitivos Básicos:

Continuar cos cadernos de fichas aportados a primeira semana.

Habilidades metalingüísticas

 

Conciencia léxica:

Inventar frases tomando como referencia as láminas de “Soy visual”. Logo de inventala deberá identificar o número de palabras que empregou na súa frase.

Lámina 1: https://www.soyvisual.org/laminas/los-ninos-estan-en-la-playa

Lámina 2: https://www.soyvisual.org/laminas/mama-y-papa-estan-en-el-cine

Lámina 3: https://www.soyvisual.org/laminas/el-abuelo-sirve-la-comida-que-ha-preparado

Obxectivo: Traballar a estruturación de oracións, o vocabulario e tomar conciencia da unidade de PALABRA.

Instrucións: Visualizar as láminas (non sería necesario descargalas), inventar diferentes frases sobre as mesmas e identificar o número de palabras empregadas.

 

Conciencia silábica:

Presentación de power point do blogue “Siembra Estrellas” de Belinda Haro. Hai tres presentacións diferentes segundo o nivel de dificultade.

Nivel 1: https://drive.google.com/file/d/1ieiRh24STRPZEcnOTdOqlLVO5W0-nB4_/view

Nivel 2: https://drive.google.com/file/d/1LtqiNp3Igm1aMvPK2qVG3kLX5WYrG_BQ/view

Nivel 3: https://drive.google.com/file/d/1-T9CciW2q-lUbzbWkeJ6kRki7jx6BBvR/view

Obxectivo: Identificar o lugar que ocupa a sílaba que se lle pide na parte superior (bocas).

Instrucións: Descargar o PPT e á hora de abrilo darlle a opción “SOLO LECTURA”. A xogar!

 

Comprensión lectora:

Presentacións de Power Point do blogue “Siembra Estrellas” de Belinda Haro. Hai catro presentacións diferentes segundo o nivel de dificultade.

http://siembraestrellas.blogspot.com/2016/06/comprension-de-frases-4-niveles-soy.html

Obxectivo: Traballar a comprensión de oracións.

Instrucións: Premer directamente no nivel que se desexa traballar. Abrir a presentación. Ler as oracións e seleccionar a frase correcta en base a unha imaxe.

 

Ortografía e Linguaxe Oral

Continuar xogando coas ocas proporcionadas a primeira semana.

 


Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer