PARA LAS ÚLTIMAS SEMANAS...

 

Un novo saúdo para todos!!!

 

Comezamos co traballo desta  13ª semana que vai dos días 8 a 12 de xuño, pero a maiores hai un pdf onde se dan unha serie de actividades para a que será a última semana de colexio a que vai do 15 ao 19 de xuño.

 

Día 1:  comezamos con Lingua Castela, onde repasaremos algunhas cousas que aprendemos ao longo deste curso. A continuación faremos Matemáticas, con exercicios interactivos de multiplicacións con factores de dúas cifras. Para finalizar, en Ciencias Sociais avaliaremos o que aprendemos do aire e da auga do noso planeta (unidade 3).

 

No día 2 comezamos con Lingua Galega, cunhas pequenas lecturas onde despois debemos rodear os debuxos que apareceron nas historias que limos. Despois en Matemáticas hai actividades sobre as potencias (o cadrado e o cubo) nas que debemos  ler moi ben o recadro para despois facer os exercicios sen equivocarnos. Para rematar esta sesión  temos que ler as páxinas 46  e 47 de Ciencias Naturais, onde nos falan dos seres vivos e inertes para  despois facer as actividades do enlace.

 

Para o día  3 continuamos en Lingua Castelá facendo  exercicios variados sobre as cousas que aprendemos neste curso. A continuación, faremos un experimento sobre submarinos en  Ciencias Sociais. Por último, en Lingua Galega faremos como en Lingua Castelá uns poucos exercicios de repaso.

 

No día 4 vamos a seguir repasando o que aprendemos no curso en Lingua Castelá. Despois tocaranos ler ben as páxinas 48 e 49 de Ciencias Naturais onde aprendemos como se clasificaban os seres vivos. Unha vez lidas estas páxinas, faremos a ficha de autoavaliación que aparece no enlace e enviades o voso resultado polo correo.

 

Por último  no día 5 en Lingua Galega recordaremos algunhas das cousas que aprendemos a través duns exercicios de repaso  e despois en Matemáticas faremos  na libreta uns problemas.

 

Actividades do 15 ao 19 de xuño: no último dos arquivos hai unha serie de actividades separadas por materia onde os nenos traballaran esa última semana de curso.

 

Moito ánimo a todos que xa queda menos para estar todos xuntos e vémonos na próxima videoconferencia!!!

 

AdxuntoTamaño
DÍA 1.pdf290.47 KB
DÍA 2.pdf683.04 KB
DÍA 3.pdf446.85 KB
DÍA 4.pdf114.49 KB
DÍA 5.pdf368.04 KB
Actividades 15 a 19 de junio.pdf355.89 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer