SEMANA 20-24 ABRIL

SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Ola a tod@s!! Espero que tod@s esteades ben e  traballando todos os días para non perder o ritmo de traballo e continuar co curso… dunha maneira diferente… Moito ánimo!!! Vémonos nas videoconferencias!!

MATEMÁTICAS

Continuade utilizando os enlaces que xa vos deixei a primeira semana para ir repasando de todo un pouco. Déixovos enlaces para facer exercicios online.

Déixovos un adxunto con exercicios de repaso dos Temas 4 e as solucións dos exercicios do Tema 3. A vindeira semana deixareivos as solucións para que poidades corrixir.

https://es.ixl.com/math/6-primaria

https://www.matematicasonline.es/flash/divisiones/division2.html

 

CIENCIAS NATURAIS

Continuade utilizando os enlaces que xa vos deixei a primeira semana para ir repasando de todo un pouco. Déixovos enlaces relacionados co tema.

Adxunto un arquivo con actividades de repaso e avaliación do Tema 3 e as solucións dos exercicios do Tema 2. A vindeira semana deixareivos as solucións para que poidades corrixir.

https://www.youtube.com/watch?v=CIhwGRIBEQ8&t=2s

https://www.youtube.com/watch?v=thUI3RfZUms

https://www.youtube.com/watch?v=pc6UondCrJg

 

CIENCIAS SOCIAIS

Continuade utilizando os enlaces que xa vos deixei a primeira semana para ir repasando de todo un pouco. Déixovos enlaces relacionados co tema.

Déixovos un arquivo con exercicios do Tema 3 para repasar e afianzar contidos e as solucións dos exercicios do Tema 2.  A vindeira semana deixareivos as solucións para que poidades corrixir.

https://www.youtube.com/watch?v=JldvO0jiJGY

https://www.youtube.com/watch?v=4zJeGySLKPc

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/mapasflash.htm

IMPORTANTE: Para calquera dúbida podedes contactar comigo a través de correo electrónico coleatios6primaria@gmail.com debedes especificar no asunto para que profe e a consulta…

 

      

 

                           

 

Tarefa lengua e lingua:

Esta semana temos un encargo especial polo día do libro! Ademais de facer as actividades de repaso e lectura que vos envío adxunto nos pdf. Unha cousa cada día e así non é tanto!
Para o día do libro necesitamos:
1. Escoller un conto ou libro que teñades na casa (en galego, se non tedes ningún, facédeo cun en castelán).
2. Coller un trociño para ler en voz alta, o que máis vos guste do libro. Lelo varias veces ata que saia ben, vocalizando e sen correr, cun bo volume.
3. Gravar nun audio ese trociño que escollestes, NON máis dun minuto de duración; podedes facer a gravación no teléfono.
4. Despois facedes 3 ou 4 fotos dos debuxos e da portada do libro.
5. O audio e as fotos tedes que mandalas ao correo de sexto ata o venres 24: coleatios6primaria@gmail.com ,para a profe Estela (asunto: día do libro).
Con todo o que mandedes faremos un vídeo para celebrar, á nosa maneira, o "Día do libro virtual" e así podedes ver as recomendacións de lecturas d@s vos@s compis de clase. Mándovos un enlace para que vexades o exemplo que vos fixen dun libro que me gusta moito! 
https://www.youtube.com/watch?v=T-jnHFDtdWs

Boa semana e boas lecturas! Vémonos pronto! Calquera dúbida escribide ao correo!

 

 

Proposta do Departamento de orientación:

 

Xa tedes o vídeo con todas as vosas aportacións, NO APARTADO DE ORIENTACIÓN. Moitas grazas pola vosa participación desfrutade e sorride visionándoo.

 

Seguimos co proxecto, EMOCIONÁMONOS XUNTOS  NA CASA,  ESTA SEMANA A EMOCIÓN É : MEDO.(Tedes no apartado de Orientación un curto animado para inspirarvos).

 

Espero os vosos debuxos ou imaxes (antes do venres), que volverán a subirse a web o luns.

 

Recordade NOS QUEDAMOS NA CASA PERO XUNTOS

 

Unha aperta do Departamento de Orientación

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Mate 6º evaluación Tema 4.pdf398.66 KB
Mate 6º soluciones Tema 3.pdf184.92 KB
Naturais 6º avaliación Tema 3.pdf170.27 KB
Naturais 6º solucións Tema 2.pdf324.25 KB
Sociais 6º evaluación Tema 3.pdf303.51 KB
Sociais 6º solucións Tema 2.pdf279.19 KB
6ºB lectura lengua semana 6 CON SOLUCIONES.pdf26.08 KB
6ºB lengua castellana semana 5 CORRECIONES.pdf842.35 KB
6ºB lingua galega semana 5 CORRECCCIÓNS.pdf114.13 KB
6ºB lectura lingua galega semana 6.pdf408.17 KB
6ºB lingua e lengua semana 6.pdf269.71 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer