Semana do 30 de marzo ao 4 de abril

Finalizamos a unidade 7

Esta semana faremos unha proba de avaliación cada día. Temos un PDF en adxuntos coas Probas A da unidade 7 e outro PDF coas solucións. Xusto despois de cada avaliación a corrixiremos e a melloraremos. Temos que reflexionar moito porque máis adiante vamos a facer as Probas B da mesma unidade, que son moi parecidas, e debemos mellorar o noso rendemento. Non poñemos notas, soamente comentarios para mellorar.

LUNS 30/03

Páxinas 60-61. Coñecemos as fontes de enerxía. Traballo voluntario, podedes ler e facer os exercicios ou pasar estas páxinas.

Páxinas 62-33. Escribimos unha noticia. Faremos os exercicios de maneira individual e despois escribiremos unha noticia (real ou inventada) de actualidade (exercicio 5). Como non temos o material pódese facer nunha libreta, nunha folla, a ordenador (elección libre), pero despois deberedes enviarme unha copia ou fotografía polo medio que prefirades.

Avaliación Lengua (Páxinas 26-27 PDF adxunto)

CORRIXIMOS: Vemos as solucións, reflexionamos e melloramos a proba.

LECTURA LIBRE

MARTES 01/03

Páxinas 64-65. Como se relacionan os traballos? Lemos a información coa estratexia de LECTURA PAREADA (dúas persoas len a mesma vez ata que o novato fai unha sinal e continua so, se se equivoca volvemos a lectura en coro). Despois pensamos que traballos se seguen desempeñando da imaxe e pensamos en outros produtos que temos na casa e como chegaron alí. Intentamos facer os exercicios de maneira individual.

Avaliación Matemáticas (Páxinas 30-31 PDF adxunto)

CORRIXIMOS: primeiro cunha calculadora, despois vemos as solucións, reflexionamos e melloramos.

LECTURA LIBRE

MÉRCORES 02/04

Páxinas 66-69 (catro páxinas). PROPONEMOS ACTIVIDADES DIVERTIDAS. Traballo individual, se non se vos ocurre algunha cousa podemos pedir axuda aos país.

Avaliación Lingua (Páxinas 34-35 PDF adxunto)

CORRIXIMOS: Vemos as solucións, reflexionamos e melloramos a proba.

LECTURA LIBRE

XOVES 03/04

Páxinas 70-73. Repaso. O facemos de maneira individual o mellor que poidamos e sen mirar. Despois deberedes mirar nas páxinas anteriores se o fixéchedes correctamente ou non. O problema 2 da páxina 71 facédeo primeiro con material manipulativo (lápices, colores...) e despois debuxade no cuadriño que pon “Operación”.

Avaliación Ciencias da Natureza (Páxinas 38-39 PDF adxunto)

CORRIXIMOS: Vemos as solucións, reflexionamos e melloramos a proba.

LECTURA LIBRE

VENRES 04/04

Kahoot Mate: https://kahoot.it/challenge/0484823?challenge-id=91b138a3-7307-4a59-8cc6-fcc63758d512_1585504566061

PIN: 0484823 https://kahoot.it

Avaliación Ciencias Sociais (Páxinas 42-43 PDF adxunto)

CORRIXIMOS: Vemos as solucións, reflexionamos e melloramos a proba.

LECTURA LIBRE

 

*PDFs adxuntos: Avaliacións e solucións da Unidade 7 (Probas A). Semana completa en PDF.

Se non podedes imprimir o PDF escribides as vosas respostas nunha libreta coma na imaxe:

AdxuntoTamaño
Probas A. EV UD7.pdf497.24 KB
Solucións Probas A.pdf305.36 KB
Semana 30 abril ao 4 de marzo.pdf204.3 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer