1º Ciclo Prim., 1º Curso, 2º Ciclo Prim., 2º Curso, 3 anos, 3º Ciclo Prim., 3º Curso, 4 anos, 4º Curso, 5 anos, 5º Curso, 6º Curso, Ed. Física, Ed. INFANTIL, Ed. Musical, Escolares, Idioma estranxeiro, Novas, Recursos

NOVAS DO DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL

Novamente somos reporteiros do noso xornal a Marela e tocounos cubrir a nova do 23 de abril, un día moi destacado...

BREOGÁN contra CÁCERES

Fantástica experiencia onte no Pazo de deportes de Lugo vendo o partido de  o Café Candelas Breogán contra o Cáceres Patrimonio de la Humanidad...

 

 

XORNAL A MARELA LISTO!!!!!!

Para facelo partimos dun estudio pormenorizado das diferentes sección dun xornal...que plasmamos e recollemos nun mural...

 

SEMANA DA PRENSA

 
Xa chegou a conmemoración da SEMANA DA PRENSA  e para celebralo convertímonos en corresponsais do nos propio xornal, coas novas sobre a actualidade e as actividades a destacar dentro e fóra do noso cole.
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 
Aínda nos falta a portada!!!!!

CONCERTO DO SAMAÍN

O CEIP  de Arzúa organizou un concerto o venres día 6 de novembro para todo o alumnado como peche da celebración do Samaín. 
 

Luís Vallecilla cantou varios temas da súa xira do Samaín, facendo interactuar bailando e cantando a todos os nosos nenos e nenas.

 

 
Fíxose en dous pases, un para os máis pequenos do cole e outro para os de cursos superiores, algún dos cales veu ataviado para tal evento.
 
 
 

 



Rosa cajade de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

SAMAÍN 2015

E por fin chegou o día!!!!!!

Esqueletos e máis esqueletos!!!!!!


 

 

Saída Avifauna

O pasado día 23 de outubro, todo o alumnado de Educación Infantil realizamos unha saída Avifauna. Pasámolo xenial!

Preme aquí se queres descubrir todas as aves que vimos. E a ti, cal che gusta máis?

 

 

Provincialeeeees!!

Traballo, esforzo, sacrificio, deportividade e moita ILUSIÓN, son os valores que defenderon os equipos benxamín e alevín de minibasquet, tanto nos entrenamentos como nos diferentes encontros deportivos.
A súa constancia no traballo e o seu espíritu de superación, levou aos nosos deportistas a participar na fase provincial de minibasquet celebrada en Porto do Son....
O responsable de despertar a ilusión polo  baloncesto e as gañas de prepararnos....???
 MOREIRA," o noso entrenador " .

Dama a torre!

Os nenos de 2ºA e 2ºB apuntámonos ao xadrez con Marela e a súa familia. Aprendemos moitas cousas, incluso repasamos conceptos de Matemáticas: filas, columnas, números pares e números impares, diagonales....
Fixádevos o que nos ensinou Xosé, un papá que tamén se apuntou a Xogade......

A CIENCIA QUE CONTA 2015

O CEIP de Arzúa xa leva participando varios anos no concurso da Universidade de Vigo A CIENCIA QUE CONTA, acadando varios premios ao longo de todas as participacións ano tras ano. O premio é a publicación do conto que presenta o neno ou a nena  participante.
 
Tivemos novamente premio, o conto de Elsa foi premiado, pero para nós,  as titoras e titor participantes  de 3º e 5º A son todos moi importantes, por iso compartímolos con todos e todas vós.

 

Powered by Drupal - Design by artinet