Unha paisaxe navideña chea de inventos!!!

 

    Xa chegou o nadal ao cole, unha mestura de paisaxe e inventos!

    Este ano o tema proposto pola biblioteca é o mundo dos inventos e descubrimentos ao longo da historia polo que intentamos fusionar isto co programa do Plan Proxecta, Paisaxe e ...

     Mirade o que saeu!!!!

 

     E se queres velo con máis detalle, preme na imaxe

 

 

Imos cantar!!!

Aquí vos deixo algunha das cancións que estivemos aprendendo, xa no mes de novembro, na aula de música en Educación Infantil.

En 3 anos A bailan a canción da castaña...foi todo un éxito!!

Os nenos e as nenas de 3 anos B pásano en grande con "La brujita Tapita"

Ollade unha canción-conto de Kalandraka "Luna" interpretada polo alumnado de 4 anos. Observade a súa concertración para tocar os intrumentos!!

Na aula de 5 anos son expertos no ritmo con instrumentos de percusión,...aínda que a cámara nos intimidou un pouco, mirade que ben soa a canción da castaña!!

Fotos de outono

 

Os nenos e as nenas de Educación Infantil estiveron aprendendo a empregar a cámara de fotos. Deixaron constancia de que á vaca Marela lle encanta o outono e, como non, a paisaxe do noso cole.

Preme aquí se queres ver as fotografías que sacaron

 

Postais navideñas paisaxísticas

 

 

A nova actividade proposta para o programa de Sustentabilidade e Paisaxe xa está entregada.

Seguro que van saír uns traballos fantásticos!!!!

 

Visita do escritor J.M. Gisbert

O día 27 de novembro tivemos o privilexio de recibir no noso centro ao escritor catalán J.M. Gisbert.

Comprobamos que a fama que ten de bo orador, contacontos,...é máis que merecida. Mantivo aos alumnos e mestres expectantes e atentos durante a súa intervención, sen  dúbida creou un ambiente máxico!!!

Será unha visita que recordaremos sempre!!!!!!!

Se queres ver algunha imaxe do momento preme aquí.

Acróstico paisaxístico!!!!!

Os nenos e nenas de segundo fixeron un acróstico coa palabra PAISAXE e para divulgalo fixeron un mural no corredor do cole.

Preme no debuxo e levarate á paxina de Paisaxe, se queres ver máis traballos.

Vivíparos e ovíparos

Pincha neste enlace para recordar os contidos da reprodución dos animais vivíparos e ovíparos.

A fotosíntese

Pincha no seguinte vídeo para aprender máis sobre a fotosíntese Sorriso 


DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe día 26 de novembro asisteu o terceiro ciclo a un acto organizado polo Concello na Capela da Madalena, unha exposición cos traballos feitos polos alumn@s con gallo da violencia de xénero.

Se queredes ver fotos pinchade aquí

DIA DO NEN@ 2013

O día 21 de novembro con motivo do Día do nen@ 2013, o alumnado de 5º e 6º de Primaria acudiu á Casa da Cultura para ver e escoitar a actividade "Cadros dunha improvisación", espectáculo de música e pintura.

O acto consistía en aprender a canción "Dona Laura Vacaloura", letra de María Lires

 

"Dona Laura Vacaloura

esta noite vai de troula.

a unha festa de disfraces

como non se vira outra.


                   Unha orquestra de mosquitos!

                   Dúas chicharras cantoras!


        - E unha coroa

        - Coroa dourada

        - Dourada para

        - Para a gañadora.


Dona Laura Vacaloura

esta noite vai de troula.

a unha festa de disfraces

como non se vira 

como non se vira 

como non se vira outra


Vacaloura

Vacaloura

Vacaloura


DO................NA.....................LAU......................RA.


un grupo do alumnado con música de Juan Carlos Vázquez e ao mesmo tempo outro grupo pintaba sobre esta canción.

 

 

 Para ver fotos preme na seguinte imaxe

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet