Cumpreanos 2º trimestre 4 anos B

 

OS nenos e nenas de 4 anos B celebramos os cumples do 2º trimestre. Para ver as fotos pincha aquí.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2009 NO CEIP. DE ARZÚA

PODEMOS OLLAR O PROGRAMA DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS coas actividades programadas para cada un dos ciclos educativos, así como os seus horarios e calendario. Agardamos que sexan de interese para a comunidade educativa. RAMON-PIÑEIRO

Vai de bufóns

Adiviñades quenes son estes bufóns? Pinchade na foto e poderedes descubrilo.

Se vos apetece sacarvos unha foto coma esta, o bufón está a disposición de todos e todas para facelo. Animádevos!

Quenes se agochan no noso castelo?

Damas, campesiñas, bufóns, trobadores, artesanas, escribás, peregríns e outras personaxes da Idade Media andan a pasearse polos máis intrépidos recunchos do noso colexio.

Achegádevos ata a zona de Educación Infantil e intentade atopar a esta dama e este bufón que se agochan no noso castelo.

O equipo de educación intantil queremos agradecer a un antigo alumno do cole  ter colaborado con nós e obsequiarnos ca súa arte. Graciñas, Mikel por debuxarnos a estas dúas valentes personaxes e traérnolas ata tan humildes terras.

Enlaces fotos

ENTREGA DE DIPLOMAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

sentímolo, flash non está dispoñible.

PROMOCIÓN DA LECTURA A CARGO DA RAIÑA DA ORDE DOS LECTORES

 

 TODO UN ACONTECEMENTO PARA AS NENAS E NENOS LECTORES DO CENTRO. A BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP. DE ARZÚA ENVITOU A MESMA RAIÑA DA ORDE DOS LECTORES, QUEN ENTREGOULLES PERSOALMENTE OS DIPLOMAS ACREDITATIVOS NOMEANDOOS CABALEIROS E DAMAS DA ORDE.

Grazas a eventos como estes fomentase o amor pola lectura despertando a imaxinación dos máis pequenos ao mesmo tempo que viaxamos no tempo ata atopar os pergaminos, os escribas e todas esas aventuras e fazañas de damas e cabaleiros en castelos encantados que tanto nos gustan.

Grazas LOLI pola estupenda xornada que nos brindastes.Ver as fotos

A primavera en acuarela

IMG_2661.JPG

Xa chegou a primavera!

Os nenos e nenas de 1º A quixemos reflexala coas nosas dotes na pintura dunha maneira distinta, utilizando a técnica da acuarela para amosarvos a variedade , o colorido e o noso interese por intentar facelo o mellor posible

Esperamos que vos guste a Primavera de 1º A e para visitar o noso peculiar museo pincha aquí

A Orde dos lectores

Os rapaces e rapazas de 1º A xa fomos nomeados damas e cabaleiros da excelentísima Orde dos Lectores, proposta polo equipo da Biblioteca.

Con este nomeamento comprometémosnos a defender e protexer a eses seres inanimados , á vez tan fantásticos e tan máxicos, OS LIBROS.

O acto foi moi maxestuoso , tal como esixía o acto, para vernos pincha aquí

Powered by Drupal - Design by artinet