Samaín

 

Din que habelas hainas....pois ben, de merendola nun recuncho e de contacontos noutro, pero houbo quen viu meigas no cole!

Se ti tamén as  queres ver preme aquí.

 

Magosto

Neste curso, no que estamos recuperando as máis vellas tradicións galegas, tamén festexamos no cole o magosto.

Un magosto no que non podemos deixar a parte os agradecementos ás familias por traernos as castañas para asar, a un antigo alumno por agasallarnos co son da súa gaita, a Confecciones Lage por prestarnos un dos seus maniquies para lucir a nosa castañeira ben fermosa e ao Concello de Arzúa por deixarnos desfrutar das súas instalacións nas que poidemos xogar á petanca e á chave. Graciñas a todos!!!!

Durante esta xornada, pasámolo en grande cos xogos populares (a ra, os aros, os bolos, a carreira de sacos, o tiro da corda, as botellas, as cadeiras musicais, as tartarugas, a petanca, a chave,...) para, posteriormente, desfrutar dunhas ricas castañas asadas.

Preme aquí para ver algunha foto do momento.

Día das bibliotecas

O pasado día 22 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas. Dende o equipo, organizáronse visitas ao longo da xornada para que o alumnado teña un maior coñecemento da biblioteca. Nunha biblioteca renovada e moito máis colorida poidemos observar os seus recunchos. Preme aquí para ver o ben que o pasamos.

Durante este curso académico, como en anos anteriores, dende o equipo da biblioteca propoñemos  "Galicia, usos, costumes e tradicións" como eixo común de traballo. Deixovos un vídeo para que desfrutedes un pouco da nosa terra....recoñecedes algún recuncho?

 

Xornadas do Pan

Nestes días, todo o cole, tivemos oportunidade de visitar unha exposición sita na Capela da Madalena, sobre as "Xornadas do pan". Ali, poidemos coñecer o proceso de fabricación do pan, dende a súa sega ata que o sacan do forno....parace que arrecende!!

Aos nenos e ás nenas de 4 anos pilláronnos cas mans na masa.....Preme aquí para descubrilo.

 

Concerto Mamá Cabra

O pasado día 8 de outubro tivemos ocasión de movelo esqueleto ao ritmo do grupo Mamá Cabra. Se queres ver algunha foto do momento preme na imaxe.

O clube da castaña

Aquí vos presentamos ao CLUBE DA CASTAÑA.

Estas entusiastas da natureza, agasállannos cada outono, dende hai tres anos, co seu bo facer. Cando os ourizos dos castiñeiros chegan ao chan do cole comeza o seu traballo...adícanse a recollelos, limpalos, danlle os mellores dos coidados e expóñenos no patio para que os demais compañeiros e compañeiras os poidan ver, ulir, tocar...

Rapazas, animámosvos a que sigades realizando con tanta paixón esta orixinal idea, que axuda a manter viva a tradicional labor da recolleita das castañas....esperamos que as teñades ben preparadiñas para a vindeira festa do magosto do cole!!!!

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2011-2012

LISTAS DOS LIBROS DE TEXTO: PARA  O VINDEIRO CURSO 2011-2012


1.- LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO DE EDUCACIÓN INFANTIL


2.- LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Pódense visionar, imprimilos e descargalos en formato pdf

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO 2010-2011

SOLICITUDES DE AXUDAS.

Estan a disposición dos solicitantes das familias do alumnado de 1º,2º, 5º e 6º de Primaria para o vindeiro curso académico 2010-2011 os impresos (Anexo I) das solicitudes de axuda para libros de texto e material didáctico. Dende a páxina da Consellería de Educación pódeno descargar tamén se o desexan. Dispoñen de máis información na propia páxina da Consellería  INFORMÁMOSLLES QUE NON SE TRAMITARÁN SOLICITUDES FÓRA DE PRAZO, polo que deben  acudir coa información requerida  para tramitala coa antelación que estimen necesariaO CENTRO ENTREGARÁ OS VALES  ás familias O ANTES POSIBLE, para adquirir os libros e material escolar no correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento.

 

Camiño a Preguntoño

O pasado día 28 de maio fixemos un tramo do Camiño de Santiago a pé, dentro do concello de Arzúa. Saímos dende o cole e chegamos ata o campo da festa de Preguntoño....chegaron ata os máis peques do cole, están feitos uns camiñantes!!

Foron uns 3 quilómetros do máis divertido, nos que poidemos desfrutar da natureza, das fermosas paisaxes do noso concello, nos que coñecimos a outros peregrinos,...Foi unha moi boa xornada de convivencia, que nos deixou ganas de repetir!!

Ollade o ben co pasamos premendo aquí ou na imaxe.

Un Planeta para todos!

Powered by Drupal - Design by artinet