Tiro con arco no cole

Para vernos practicando este deporte olímpico pincha aquí

tiro con arco.jpg

Escuelas viajeras

Si queréis ver la presentación de Arzúa que hicimos para León pincha aquí

pagina web.jpg

SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR


Informamos a toda a comunidade educativa do Ceip de Arzúa sobre a nova instrucción 3/2012 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se establecen as liñas xerais da xestión do Servizo de Transporte Escolar no curso escolar 2012-2013:


-Circular informativa


-Solicitude de autorización do uso de transporte escolar


Igualmente recórdaselles que a devandita documentación está a súa disposición na Dirección e Secretaría do Centro.

COMEDOR ESCOLAR

Recordamos a toda a comunidade educativa do CEIP de Arzúa que aquel alumnado sen dereito ao Servizo de Transporte que desexe ser usuario do Comedor Escolar, deberá entregar a solicitude de admisión e a declaración da renda do exercicio 2011 antes do 20 de Setembro.


Os requerimentos e documentación están a súa disposición na Secretaría do Centro.


Podedes descargar dende aquí a información para os comensais.

Festival Fin de Curso 2012

Mirade que ben o pasamos no Festival de Fin de Curso, no que non quedou ninguén sen bailar e cantar!!!

Tamén se entregaron os merecidos premios aos nosos deportitas, que participaron nos XV Xogos de Primavera.

Preme aquí para ver o Festival en imaxes

Festival Fin de Curso 2012

Xosé Neira Vilas

Este curso veu visitarnos ao cole o escritor Xosé Neira Vilas. Os nenos e as nenas de 2º ciclo de Primaria estiveron encantados de poder escoitalo e compartir con el uns momentos para falar da súa obra e as súas experiencias. Preme aquí para ver algunha imaxe.

Obradoiro Xogos do Mundo

O pasado día 19 de Xuño a ANPA o Formento agasallounos cun obradoiro de Xogos do Mundo.

Pasámolo xenial descubrindo, construíndo, compartindo, xogando,...

Non podemos máis que agradecer á ANPA do cole que nos ofrecese esta actividade!!!

Ollade algunha foto aquí

Obradoiro Xogos do Mundo

Obradoiro música tradicional

A Semana do 18, 19 e 20 de xuño pasamos uns días nos que a Asociación Santiagüiños de Boimorto nos fixo desfrutar da música tradicional.

Por uns momentos convertémonos en pandereteiras/os e tamén cantamos e bailamos. Tamén nos ensinaron outros moitos instrumentos: gaita, pandeiro, bombo,...e algún outro moito máis sinxelo como unha folla, si, si,...das follas tamén sae música!!

Graciñas a estes profes tan especiais por facernos vivir a música e contaxiarnos o voso entusiasmo!!

EXCURSIÓN AO MONTE DE SAN PEDRO _ 1º CICLO

ESTAS SON AS PRIMEIRAS FOTOS DA SAÍDA FEITA AO MONTE DE SAN PEDRO NA CORUÑA COS NENOS E NENAS DO 1º CICLO DE PRIMARIA, SE AS QUEREDES VER NON TEDES MÁIS QUE PINCHAR AQUÍ

grupo.JPG

CUMPLES DE VERANO...un viaje al pasado

Si quieres ver nuestra fiesta de cumpleaños pincha en este enlace...al mismo tiempo aprenderás historia

 

http://primerciclo-arzua.blogspot.com.es/2012/06/cumples-de-verano-un-viaje-al-pasado.html

DSCN1823.JPG

Powered by Drupal - Design by artinet