Menus saudables 2016-2017

Queres consultar os menús do comedor??, pincha no mes correspondente...

 

DECRETO 132/2013 POLO QUE SE REGULAN COMEDORES ESCOLARES

Informase da aprobación do Decreto polo que se van a regular os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería, para velo pincha no seguinte enlace

http://www.edu.xunta.es/web/node/10308

 

En setembro, o día 2 continuarase cos trámites posteriores a súa aprobación, tamén publicamos no seguinte arquivo adxunto  a autodeclaración para que poidan descargala e cubrila.

Intervención en RNE 1

Aquí tedes a intervención dalgúns nenos do cole no programa de Yolanda Flores, en R1 de Radio Nacional de España.

Escoitade e veredes que no cole temos verdadeiros coidadores e defensores do Planeta Terra.

Podedes seguir visitando o noso blog de climántica en www.oplanetadamarela.blogspot.com

Transporte Escolar 2013-2014

Informamos á comunidade do Ceip de Arzúa da nova instrucción 3/2013 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e O.U, sobre a xestión do Servizo de Transporte Escolar no curso escolar 2013-2014:

-Circular informativa

-Solicitude de autorización excepcional do uso de transporte.

Recordámoslles que a documentación anterior está a súa disposición na Secretaría e Dirección do Centro.

Climántica en RN1

Pódesnos escoitar en RN1 mañá mércores ás 5:00, fixéronnos unha entrevista aos rapaces e rapazas que participamos na I Xuntanza Ibérica pola Sostibilidade e a Paisaxe en PONTEVEDRA.

Estamos de noraboa outra vez no centro

A unha alumna do noso centro publicáronlle un dos relatos que presentamos en 5ºA no concurso de relatos CIENCIA QUE CONTAS 2012

NORABOA ANTÍA!!!!!!

Se o queredes ler pinchade na imaxe

 

CapasCienciaConta5

Sentimos Cantares

Este curso quixemos conmemorar o 150 aniversario da publicacion de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, por iso creamos esta produción na que recitamos, debuxamos, escoitamos e, sobre todo, SENTIMOS CANTARES!!

FESTIVAL FIN DE CURSO

Se queres ve r fotos do festival de fin de curso pincha no seguinte enlace

http://terceirociclo-arzua.blogspot.com.es/2013/06/blog-post.html

Concerto Pesdelán

Encántanos o grupo Pesdelán, as súas cancións soaron xa en moitos festivais e Romarías do cole pero...sabedes unha cousa??

o derradeiro día de cole viñeron facernos bailar,...e conseguírono!

Ollade as fotos premendo aquí, a ver se sabedes en cal estamos a baliar a muiñeira.

Festival fin de cuso 2013

Música, baile, canto, e miles de emocións para celebrar o Festival de Fin de curso. Preme aquí para ver algunha fotografía do momento.

Tamén no festival, houbo un tempo para adicarllo aos grandes deportistas, na entrega de trofeos e medallas. Noraboa a todos os participantes nos XVI Xogos de Primavera!!!

Powered by Drupal - Design by artinet