BIBLIOTECAS, LUGARES MÁXICOS

A lectura xoga un papel clave no desenrolo do neno e da nena, por iso é importante que xa dende pequenos medren en contacto cos libros. Isto sábeo ben o noso alumnado e as súas familias, que contan nos seus fogares cuns recunchos de lectura marabillosos os cales favorecen o seu hábito de lectura, estimulan a súa imaxinación e tamén enriquecen o seu vocabulario. Estas bibliotecas particulares están entre as favoritas dos nosos nenos e nenas.

 

Preto das nosas casas temos á nosa disposición uns lugares fantásticos que son as bibliotecas públicas, espazos para coñecemento e o lecer. Algúns dos nosos alumnos e alumnas enviáronnos imaxes da Biblioteca Rosalía de Castro de Arzúa como un dos seus lugares máxicos.

 

A Biblioteca escolar tamén é un lugar ideal para incentivar a práctica da lectura e o amor polos libros.

 

Os máis maiores do cole puxeron en marcha a súa capacidade investigadora e a súa alma soñadora, polo que compartiron con nos as Bibliotecas do mundo que lles pareceron máis interesantes e bonitas non só pola grande cantidade de libros que posúen, senón tamén pola súa arquitectura, a súa decoración, a súa antigüidade... ou como no caso da libraría Lello de Oporto, por ser inspiradora de historias de ficción, xa que neste caso concreto crese que puido inspirar á escritora J.K. Rowling para a súa saga sobre Harry Potter.

 

Aquí vos deixamos un video sobre as bibliotecas preferidas polo alumnado do CEIP de Arzúa, uns lugares máxicos que os fan moi felices e que queren compartir con todas e todos.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet