ENTROIDO_2019

Xa temos aquí o Entroido e, un ano máis, o noso colexio quixo festexar esta festa tradicional galega. 

O alumnado de 3º E.P foi o encargado de elaborar o mural que se colocou na entrada do colexio. Nel xa se anunciaban as comparsas deste ano. Quedoulles así de ben!!

O 1 de marzo achegámonos ao pavillón do Viso para facer un desfile todas as comparsas do centro, que xiraban arredor da temática deste curso: "Patrimonio cultural de Arzúa".

 O alumnado de E. Infantil disfrazouse de abellas e as súas mestras, de flores. Que colorido!!

 

Os nenos e nenas de primeiro ían de gando vacún. Nunha terra onde hai tantas explotacións gandeiras, non podían faltar as vacas e os touros!!

 

Os rapaces e rapazas de 2º E.P quixeron render unha homenaxe aos gandeiros e gandeiras, feirantes e tratantes da comarca.

 

O alumnado de 3º E.P disfrazouse de peregrinos e sinais do Camiño de Santiago. Tiñan que estar presentes!!

 

Tampouco non esquecemos da nosa Banda de Música!! Os nenos e nenas de 4º E.P desfilaron ao paso que lles marcou a súa directora.

 

E na terra do queixo, non podían faltar as queixeiras e queixeiros. O alumnado de 5º E.P quixo renderlles unha pequena homenaxe.

 

Non podiamos esquecernos da Ruta Cabalar de Arzúa!! Os rapaces e rapazas de 6º E.P disfrazáronse de xinetes.

 

 

 Aquí vos queda unha pequena reportaxe deste festival de Entroido, onde a novidade máis importante foi o lugar da súa celebración. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet