CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o día 26 de novembro levouse a cabo no centro unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero: "QUEN DIXO MEDO?"

Para o alumnado de 6º de Educación Infantil impartiuse un contacontos e obradoiro de manualidades.

O conto constitúe un instrumento emocional e claramente socializador en idades temperás; que, por unha banda, permite o acceso ao mundo da lectura e da escritura, aproximando aos mais cativos a un mundo atractivo, fascinante e interesante, e por outra, será o vehículo ideal para aproximar aos mais pequenos/as, a aspectos e valores como a convivencia, a tolerancia, a creación de lazos de unión, o fomento da imaxinación e a creatividade, que resultan fundamentais para traballar a educación en valores.

Para o desenvolvemento da actividade de sensibilización levouse a cabo a lectura do conto "QUÉROTE CASE SEMPRE" da autora Anna Llenas. Este álbum ilustrado, narra a historia de amor entre Lolo e Rita, dúas personaxes que se respectan nas súas diferenzas e se adaptan para convivir en harmonía.

Tomando como fío condutor a lectura do conto, abórdanse diversas cuestións para axudar aos mais cativos/as a afianzar conceptos básicos para a súa vida cotiá e para a correcta construción da súa identidade. Aprenden dunha forma sinxela e motivadora, ao tempo que se favorecen dinámicas como o traballo en grupo, a colaboración, o diálogo...

Para concluir a actividade, cada neno e nena selecciona unha persoa que será a destinataria dunha tarxeta de felicitación que elaboran empregando diversos materiais e artes plásticas.

Os obxectivos son os seguintes:

- Establecer relacións equilibradas, solidarias e construtivas.

- Apreciar a importancia dos valores básicos que rexen a vida e a convivencia e actuar conforme a eles.

- Ensinar aos máis cativos/as a desenvolver conductas e habilidades que lles permitan vivir libres de violencia.

- Aprender a expresar as emocións de maneira axeitada evitando os insultos, agresións e gritos.

 

 

Para o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria, levouse a cabo unha GYMCANA COEDUCATIVA "Sen Violencia, sen medo".

A educación e valores das nenas e nenos acaban sendo os vimbios que contitúan a súa futura personalidade, e os vimbios terán que fundamentarse en actitudes e formas alternativas que fomenten o equilibrio, a corresponsabilidade e a sensibilidade polo tanto deben obviar e desterrar os estereotipos sexistas que fundamentan as desigualdades e que teñen como consecuencia a violencia de xénero.

A actividade consiste en:

- Detectar e escapar dos estereotipos e prexuízos que nos veñen impostos pola sociedade.

- Aprender a respectar aos outros, o seu espazo, o seu corpo,etc.

- Coñecer o significado da violencia de xénero e todo o que conleva.

- Recoñecer que é un abuso, unha ameaza e promover unha actitude de rexeitamento de tales comportamentos.

- Mostrar e visibilizar a gravidade da violencia de xénero dentro dos centros educativos.

Na Gymcana empregouse o xogo como ferramenta de aprendizaxe, ademais de cumprir á vez unha función socializadora. A través de diversas probas foise falando aos nenos e nenas sobre temas tan transcendentais como a invisibilidade das mulleres, da influenza dos roles e estereotipos na creación da identidade e da visión que temos dos demais, da violencia e as formas de exercela. Hai que loitar contra a violencia de xénero a través da loita pola igualdade.

Powered by Drupal - Design by artinet