SEMANA DA PREVENCIÓN DE INCENDIOS 2018

 

O alumnado de 5º e 6º E.P do CEIP de Arzúa asistiu o 3 de outubro ás actividades organizadas na Semana da Prevención de Incendios 2018, organizada polo Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, en colaboración coa Fundación MAPFRE, a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros e El Electronics.

Estivemos primeiro na Casa da cultura, onde se presentou ao grupo de persoas implicadas neste proxecto e despois fomos ao Multiusos. Alí puidemos ver os distintos tipos de extintores e comprobar como se aplican sobre un lume. Tamén experimentamos, en primeira persoa, o que se sente cando se está nun lugar con moito fume e temos que valernos dun brazo para orientarnos e atopar unha saída. 

Marchamos todas e todos máis concienciadas/os dos perigos que entraña o lume e coñecendo un pouco mellor como loitar contra el no caso de que se produza.

Moitas grazas a todas as persoas implicadas neste proxecto por contar connosco!!

   

 

                                

 

                        

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet